Militza de Montenegro
Militza Petrović-Njegoš, tamén coñecida como Gran Duquesa Militza de Montenegro, nada en Cetinje, Montenegro o 14 de xullo de 1866 e finada en Alexandría, Exipto o 5 de setembro de 1951, foi unha princesa de Montenegro. Era a terceira filla do rei Nicolao I de Montenegro e da súa consorte, a raíña Milena Vukotić.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (sr) Милица Николајевна ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (sr) Милица Петровић Његош ![]() 14 de xullo de 1866 (Xuliano) ![]() Cetinje, Montenegro ![]() |
Morte | 5 de setembro de 1951 ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Lugar de sepultura | St. Michael the Archangel Church (en) ![]() ![]() |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Educación | Smolny Institute for Noble Maidens (en) ![]() ![]() |
Outro | |
Título | Princesa Gran Duquesa ![]() |
Familia | Casa de Petrović-Njegoš ![]() |
Cónxuxe | Pedro Nikolaevich da Rússia (1889–valor descoñecido) ![]() |
Fillos | Marina Petrovna da Rússia, Romano Petrovich da Rússia, Princess Sophia Petrovna of Russia, Nádia Petrovna da Rússia ![]() |
Pais | Nicolao I de Montenegro ![]() ![]() |
Irmáns | Zorka de Montenegro Anastasia de Montenegro Maria de Montenegro Daniel de Montenegro Helene Helene von Savoyen Ana de Montenegro Princess Sofia of Montenegro Mirko de Montenegro Xenia de Montenegro Vera de Montenegro Pedro de Montenegro ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Militza era a esposa do Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia, irmán máis novo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich que, máis tarde, casou coa súa irmá, a Princesa Anastasia de Montenegro.
Militza e Anastasia
editarTanto Militza como a súa irmá Anastasia foron dúas figuras sociais moi influentes na corte rusa da cal recibiron o alcume de "o perfil negro" e estaban moi interesadas no ocultismo. Hai quen di que foron elas que introduciron o charlatán francés Nizier Anthelme Philippe (quen dicía conseguir dar un herdeiro á Emperatriz Alexandra Feodorovna)[1] e, máis tarde, trala súa morte, ao monxe Grigori Rasputín, na corte rusa.[2]
Matrimonio e descendencia
editarO día 26 de xullo de 1889, casou co Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia neto do tsar Nicolao I de Rusia. A parella tivo catro fillos:
- Mariña Petrovna de Rusia (1892-1981)
- Romano Petrovich de Rusia (1896-1978)
- Nadia Petrovna de Rusia (1898-1988)
- Sofía Petrovna da Rusia (1898-1898)
Exilio
editarTrala Revolución Rusa de 1917, Militza, xunto a súa familia, irmá e cuñado, refuxiáronse, xunto a outros membros da familia Romanov, en Crimea. Escaparon de Rusia a bordo do navío de guerra enviado polo rei Xurxo V do Reino Unido para retirar membros da familia do país.
Tanto ela como o seu marido pasaron gran parte do seu exilio no sur de Francia. O seu marido morreu en 1931 e ela anos máis tarde, o día 5 de setembro de 1951, mentres estaba en Alexandría, Exipto.
Devanceiros
editarNotas
editar- ↑ Radzinsky, Edvard. Rasputin: The Last Word. London, Weidenfeld & Nicholson, 2000, pp. 59-67.
- ↑ Radzinsky (2000), p. 57.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Radzinsky, Edvard (2000). Rasputin: The Last Word. St Leonards, New South Wales, Australia: Allen & Unwin. ISBN 1-86508-529-4.
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Militza de Montenegro |