Miki Nervio
Miguel Anxo Montes García, tamén coñecido como Miki Nervio, Miguel A. Montes e Miki Montes, nado na Coruña en 1964, é un cantante e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (60/61 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Traxectoria
editarFundador e vocalista da banda Miki Nervio & The Bluesmakers, foi coñecido na súa primeira etapa pública pola actividade literaria. Membro do grupo Ilha Quente[1] de Nengures (1984, Colexio Universitario da Coruña), participou en numerosas publicacións e recitais antes de cofundar Ronseltz[2] en 1985.
Dous anos despois Miki Nervio debutaba como cantante nun concerto celebrado en Santiago e pouco despois actúa no extinto bar Borrazás, o mesmo local coruñés que vira nacer Ronseltz. Daquel concerto prenderon agromos do que rematarían sendo os Bluesmakers, que se deron formalmente a coñecer en 1992[3].
O timbre enérxico de M. Nervio, evoluíndo desde os referentes[4] do blues moderno[5][6] ao country blues e desde el ao ragtime, a preferencia polo kazoo e o contacto coa rúa[7] conforman unha personalidade artística inconfundíbel.
Coas distintas formacións dos Bluesmakers ou colaborando con recoñecidos músicos[8] da órbita do blues dentro e fóra[9] de Galicia, Miki Nervio participou en máis de 500 concertos, así coma en shows radiofónicos e televisivos.
Obras
editar- Con Ronseltz, asinando como Miguel A. Montes, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994, Edicións Positivas.
- Con Miki Nervio & The Bluesmakers (CD): Namberguán Rural Blues (1998), Autentic Rial Strit Blus (1999), Directo en Pontevedra (2004), 15 Years Old Blues (2005) e Let The Old Times Roll (2013).
Notas
editar- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "De amor de desamor: 25 anos". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-09.[Ligazón morta]
- ↑ FERNÁNDEZ, HELENA GONZÁLEZ (1995). Ronseltz, Colectivo; Santiago, Xavier, eds. "Contra a poesía convencional". Grial 33 (125): 143–145. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Miki Nervio and the bluesmakers". www.unaplauso.com. Consultado o 2020-08-09.
- ↑ "Miki Nervio & The Bluesmakers". Consultado o 2020-08-09.
- ↑ "A Revolta | Magazine Cultural Online | SOBRE PIZARRA, CRUMB Y OTRAS HISTORIAS" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 2020-08-09.
- ↑ Varela, Julia (2013-11-18). "O blues de Miki Nervio & The Bluesmakers na Sagrada Familia". Bibliosons. Consultado o 2020-08-09.
- ↑ López Poy, Manuel. (2018). Todo Blues : lo esencial de la música blues desde sus orígenes a la actualidad. Ma non troppo. ISBN 978-84-949285-1-2. OCLC 1082187081.
- ↑ "A esencia do blues onte en Arteixo, grazas a Miki Nervio & The Bluesmakers". Vimeo (en inglés). Consultado o 2020-08-09.
- ↑ Herzhaft, Gérard (2003). La gran enciclopedia del blues. American Bar Association. ISBN 8495601826.