Middlesex é un condado histórico de Inglaterra, existente como entidade administrativa de 1889 a 1965. Desde entón case todo o territorio do que estaba composto pasou a formar parte do Gran Londres con excepción de Staines e Sunbury-on-Thames, que ficaron baixo a administración de Surrey, e Potters Bar, hoxe en Hertfordshire . Desde a súa supresión como entidade administrativa, o nome Middlesex só se conservou para temas históricos, deportivos e culturais.

Modelo:Xeografía políticaMiddlesex

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°30′00″N 0°25′00″O / 51.5, -0.41666666666667
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.234.543 (1961) Editar o valor en Wikidata (3.713,72 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie601,7 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Disolución1 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
21 de marzo de 1889cambio de fronteiraMetropolitan Board of Works area (en) Traducir
Causado por: Local Government Act 1888 (en) Traducir
1 de novembro de 1900cambio de fronteiraSouth Hornsey (en) Traducir
Causado por: London Government Act 1899 (en) Traducir
1 de novembro de 1900cambio de fronteiraAlexandra Park (en) Traducir
Causado por: London Government Act 1899 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoMiddlesex County Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalEN, HA, TW e UB Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O nome deriva do feito de que o condado estaba situado entre os de Essex e Wessex.[1] Foi recoñecido como condado oficial en 1889. Limitaba con Hertfordshire, Essex, Surrey e Buckinghamshire. Nos séculos XIX e XX os centros urbanos de Middlesex foron progresivamente afectados pola expansión de Londres. Entre 1900 e 1920, a rede de metro de Londres chegou a varios centros de Middlesex como Uxbridge, Wembley, Enfield, Harrow e Finchley, que se desenvolveron rapidamente como grandes núcleos suburbanos. Após a Segunda guerra mundial, Londres incorporou primeiro os suburbios occidentais como Wembley e Ealing, e despois gradualmente todo o condado. A bandeira e o escudo son similares aos do condado de Essex, pero cunha coroa sobre as tres espadas. Hoxe, o nome Middlesex sobrevive só como enderezo postal, como nome dunha universidade e como nome dun equipo de cricket local.

  1. Keightley, A., The History of England, (1840)

Véxase tamén

editar