Miúcha
Heloísa Maria Buarque de Hollanda, nada en Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937 e finada na mesma cidade o 27 de decembro de 2018[1], máis coñecida como Miúcha, foi unha cantante e compositora brasileira.
Neta de Cristóvão Buarque de Hollanda e filla de Sérgio Buarque de Holanda e Maria Amélia Cesário Alvim, Miúcha é irmá do cantautor Chico Buarque e tamén das cantantes Ana de Hollanda e Cristina Buarque, e nai da cantante Bebel Gilberto, froito do matrimonio co compositor João Gilberto.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Heloísa Maria Buarque de Hollanda ![]() 30 de novembro de 1937 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Morte | 27 de decembro de 2018 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Residencia | Río de Xaneiro ![]() |
Educación | Sorbona Universidade de París ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositora, artista discográfica ![]() |
Período de actividade | 1975 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Bossa nova ![]() |
Tesitura | Mezzosoprano ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Philips RCA Records Biscoito Fino (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | João Gilberto (1965–1971) ![]() |
Fillos | Bebel Gilberto ![]() |
Pais | Sérgio Buarque de Hollanda ![]() ![]() |
Irmáns | Chico Buarque Cristina Buarque Ana de Hollanda ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFamilia e primeiros anos
editarHeloísa Maria Buarque de Hollanda naceu no Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937, pero a súa familia trasladouse a São Paulo cando ela só tiña 8 anos. De neno formou un grupo vocal cos seus irmáns, entre eles Chico Buarque.[2]
Formación e vida persoal
editarEn 1960 trasladouse a París onde estudou Historia da Arte na École du Louvre. De vacacións, fixo unha viaxe con amigos a Grecia, Italia e Francia. En Roma, no bar La Candelaria, coñeceu á cantante chilena Violeta Parra, a través da que coñeceu ao cantante bahiano João Gilberto, casou con el e tivo unha filla, tamén cantante, Bebel Gilberto.[2]
Carreira musical
editarEn 1975 fixo a súa primeira gravación profesional como cantante no álbum The Best of Two Worlds de João Gilberto e Stan Getz. Após este lanzamento, Miúcha fixo dueto con Antônio Carlos "Tom" Jobim en dous discos, en 1977 e 1979, e formou parte do espectáculo organizado por Aloysio de Oliveira xunto con Vinicius de Moraes, Tom Jobim e Toquinho. O espectáculo levouse a cabo durante un ano en Canecão, Río de Xaneiro, tivo actuacións internacionais en América do Sur e Europa, e deu lugar á gravación que Tom, Vinícius, Toquinho e Miúcha gravou en directo en Canecão (RCA Victor, 1977).[3]
Pasamento
editarFaleceu de parada respiratoria o 27 de decembro de 2018, no Hospital Samaritano (Río de Xaneiro), logo de padecer un cancro de pulmón.[4]
Discografía
editar- Miúcha & Antônio Carlos Jobim (1977) RCA Records LP
- Tom/Vinicius/Toquinho/Miúcha - Gravado ao vivo no Canecão (1977) Som Livre LP, CD
- Os Saltimbancos (1977) Phonogram/Philips Records LP, CD
- Miúcha & Tom Jobim (1979) RCA Victor LP
- Tom Jobim, Vinicius de Moraes, Toquinho e Miúcha - Musicalmente ao vivo na Itália (1979)
- Miúcha (1980) RCA Victor LP
- Miúcha (1989) Warner/Continental LP
- Vivendo Vinicius ao vivo Baden Powell, Carlos Lyra, Miúcha e Toquinho (1999) BMG Brasil CD
- Rosa amarela (1999) BMG Brasil CD
- Miúcha.compositores (2002) Biscoito Fino CD
- Miúcha canta Vinicius & Vinicius - Música e letra (2003) Biscoito Fino CD
- Miúcha Outros Sonhos (2007) Biscoito Fino
- Miúcha com Vinícius/Tom/João (2008) Sony & BMG
Notas
editar- ↑ "Cantora Miúcha, irmã de Chico Buarque e ex-mulher de João Gilberto, morre aos 81 anos". 27/12/2018. Consultado o 27 de dezembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Dicionário da MPB; Miúcha". www.dicionariompb.com.br. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "Miúcha; dados-artisticos". dicionariompb.com.br. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "G1 - cantora Miúcha morre no RJ". Consultado o 2018-12-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miúcha |