Melvin Ely
Melvin Anderson Ely, nado o 2 de maio de 1978 en Harvey, Illinois, é un ex xogador profesional e actual adestrador estadounidense de baloncesto que é adestrador asistente dos Canton Charge da NBA G League. Con 2,08 metros de altura xogaba de pivote e de ala-pivote.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1978 (46 anos) Harvey, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Thornton Township High School (en) Universidade Estatal de California en Fresno | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 118 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2001 | Universíada de Verão de 2001 (pt) |
Carreira
editarUniversidade
editarBaixo o mando do adestrador Jerry Tarnakian nos Fresno State Bulldogs, Ely liderou ó equipo a dúas aparicións no torneo da NCAA, no 2000 e no 2001. Ademais gañou premio ó Xogador do Ano da WAC en dúas tempadas consecutivas, 2001 e 2002.
NBA
editarEly foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Los Angeles Clippers. Tras dúas tempadas nos Ánxeles cun tempo de xogo limitado, Ely foi traspasado xunto ó seu compañeiro Eddie House o 14 de xullo de 2004 ós Charlotte Bobcats, a cambio de dúas eleccións de segunda rolda do Draft de 2005 o 2006. O 2 de outubro de 2006, rexeitou ofertas dos Golden State Warriors e dos Phoenix Suns para quedar nos Bobcats e asinar un contrato dun ano e 3 millóns de dólares.[1]
O 13 de febreiro de 2007, foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Eric Williams e unha elección de segunda rolda do Draft de 2009.[2] Xogou tan só 6 partidos cos Spurs, facendo 3.2 puntos e 2.3 rebotes por encontro. Gañou o anel de campión cos Spurs pese a non xogar ningún minuto nos Playoffs.
Na postempada de 2007, Ely asinou cos New Orleans Hornets un contrato de dous anos.[3][4]
En 2012, Ely asinou cos Brujos de Guayama de Porto Rico.[5]
O 27 de outubro de 2012, Ely asinou cos Dallas Mavericks.[6][7] Ó seguinte día, foi cortado, e posteriormente asinou cos Texas Legends da NBA D-League.[8]
En setembro de 2013, Ely fichou polos Memphis Grizzlies.[9]
Notas
editar- ↑ ESPN - Ely signs one-year, $3 million offer with Bobcats - NBA
- ↑ "Spurs Acquire Melvin Ely". NBA.com. 2007-02-13. Consultado o 2011-12-15.
- ↑ Report: Hornets sign free agent Ely to contract, September 13, 2007
- ↑ Hornets hoping Ely can deliver on potential, add depth, 13 de setembro de 2007
- ↑ Melvin Ely joins Brujos de Guayama
- ↑ http://www.spotrac.com/nba/dallas-mavericks/melvin-ely/
- ↑ "Mavericks sign Melvin Ely and Chris Douglas-Roberts". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ "Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑ Grizzlies Sign Byars, Ely, Gaffney
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)