Melody (cantante)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Melodía Ruiz Gutiérrez,[1] nada en Dos Hermanas (provincia de Sevilla) o 18 de outubro de 1990, é unha cantante andaluza de música pop, máis coñecida como Melody.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Melodía Ruiz Gutiérrez ![]() 12 de outubro de 1990 ![]() Puerto Serrano, España (en) ![]() ![]() |
Outros nomes | Melody ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, compositora, modelo ![]() |
Período de actividade | 2001 ![]() |
Xénero artístico | Música pop e pop latino ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Sony Music Entertainment ![]() |
Sitio web | melodyoficial.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia estreitamente ligada á música, xa que o seu pai, Lorenzo, formou o grupo The Quiyos xunto con outros familiares. Melody interesouse pola música e a danza desde moi nova.
O seu pai mandoulle unha gravación da súa filla a El Fary, co que traballara, e este tornouse produtor executivo e buscou músicos, autores, produtores e estudios para dar forma ao primeiro álbum da rapaza. O seu primeiro disco "De pata negra" acadou o éxito en España, o que lle permitiu embarcar en xiras internacionais por América Latina e os Estados Unidos de América. O disco deulle fama con só dez anos de idade e levouna a colaborar con outros artistas como Andy y Lucas.
En 2008 lanzou o seu quinto álbum, Los buenos días. En decembro dese ano anunciou a súa candidatura para representar a España no Festival de Eurovisión 2009 coa canción "Amante de la Luna", acompañada do grupo de danza Los Vivancos. O 19 de febreiro Los Vivancos, nun comunicado, indicaron que "non se tiñan cumprido as esixencias técnicas e artísticas necesarias para defender a súa candidatura coa calidade e profesionalidade esixidos e Melody sairía soa na disputa para representar a España no Festival de Eurovisión 2009".[Cómpre referencia]
Discografía
editar- De pata negra (2001)
- Mover (2002)
- T.Q.M. (2003)
- Melody (2004)
- Los buenos días (2008)
- Mucho camino por andar (2014)
Colaboracións
editar- "La fuerza de mi corazón", con Abraham Mateo (2008)
Notas
editar- ↑ "Qué pasó con Melody". Semana. 14 de xuño de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2015.