Watt
O watt[1] ou tamén vatio[2], de símbolo: W, é a unidade do SI para potencia. É equivalente a un joule por segundo−1 (1 J/s), ou en unidades eléctricas, 1 volt-ampere (1 V · A). Na industria adóitase utilizar o cabalo de vapor (1 CV = 735,49875 W).
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/9/91/James_Watt_%28Gem%C3%A4lde%29.jpg)
- Ecuacións :
En electricicade; W = V · I onde V é a voltaxe en Voltios e I a intensidade en Amperios
A unidade do watt recibiu o nome de James Watt polas súas contribucións ao desenvolvemento do motor a vapor, e foi adoptada polo II congreso da asociación británica para o avance da ciencia en 1889.
En electricidade
editarReal (P, en vatios, W)
Reactiva (Q, en Voltamperes reactivos, VAr)
Complexa (S, en Voltamperes, VA)
Aparente (abs(S), en voltamperes, VA)
En electricidade, un watt é a unidade de potencia dun sistema debida a unha intensidade de 1 amperio para unha tensión de 1 voltio. É o produto da tensión pola intensidade (Lei de Ohm):
- : potencia en función de (en vatios).
- : tensión eléctrica en función de (en voltios).
- : corrente eléctrica en función de (en amperios).
En mecánica
editarEn mecánica, o watt é a potencia desenvolvida por unha forza de 1 newton ao se desprazar unha distancia de 1 metro durante 1 segundo. Se o punto de aplicación dunha forza de 1 newton desprázase á velocidade de 1 metro por segundo (m/s), a potencia vale 1 watt:
Equivalencias
editar735,49875 W = 1 CV
Notas
editar- ↑ Forma recoñecida como o nome galego da unidade de medida legal en España BOE
- ↑ Forma menos recomendable segundo o Dicionario da Real Academia Galega Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarOutras unidades
editarLigazóns externas
editar- Nelson, Robert A., "The International System of Units Its History and Use in Science and Industry". Via Satellite, febreiro de 2000.(en inglés)