Megan Boone
Megan Boone, nada en Petoskey (Míchigan) o 29 de abril de 1983, é unha actriz estadounidense. É coñecida no seu papel como Elizabeth Keen, unha axente do FBI na serie da NBC titulada The Blacklist.[1] Tamén traballou regularmente nas series Law & Order: LA e Blue Bloods. Ten aparecido en películas como My Bloody Valentine 3D ( 2009) e Step Up Revolution (2012)
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1983 ![]() Petoskey, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Florida Belleview High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, activista medioambiental, actriz de televisión, actriz de teatro, directora de cinema ![]() |
Período de actividade | 2001 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarAínda que naceu en Míchigan, de moi nova, seus pais trasladáronse a The Villages, Florida, para estar máis preto dos seus avós.[2] O seu avó, H. Gary Morse, foi o promotor de The Villages, e a súa nai, Jennifer Parr, era Directora de Vendas.[3]
Boone di que se "enganchou" á actuación cando, con sete anos, os seus avós levárona a Nova York para ver unha obra de Broadway protagonizada por Nathan Lane.
En 2005, formouse na Escola de Teatro da Universidade Estatal de Florida cunha licenciatura en Belas Artes (BFA) en actuación.[4] Boone estudou drama e interpretación técnica con Jane Alexander e Edwin Sherin no Asolo Repertory Theatre e traballou co dramaturgo Mark Medoff.[5] Boone acreditou que Alexander a aconsellara que continuase actuando cando, ao comezo da súa carreira, pensara en abandonar[3] e, posteriormente, coincidiu con ela en varios episodios de The Blacklist.[6] Tras obter o seu diploma, marchou a Londres a estudar arte dramática e intepretación do teatro de Shakespeare e traballou con profesores da Royal Academy of Dramatic Art e da Royal Shakespeare Company.[7]
A finais de 2017, Boone comezou a estudar un MBA en Sostibilidade no Bard College.[8]
Carreira profesional
editarTras acturar nunha curtametraxe, Elijah,[9] filmada en 2001 cando era estudante na Universidade estatal de Florida, debutou profesionalemente en 2007 en teatro como protagonista nos Ánxeles na obra de Charles L. Mee Limonade Tous Les Jours e gañou dous premios LA Weekly Theatre pola súa actuación.[10][11]
Boone debutou nas longametraxes coa película de terror My Bloody Valentine 3D (2009) e, a seguir, actuou nun papel secundario en Sex and the City 2 en 2010. Durante 2010, traballou na serie televisiva Law & Order: LA na que representou a fiscal adxunta do distrito Lauren Stanton.[2] Ese mesmo ano, Boone debutou na dirección co filme independente Eggshells for Soil, rodando parte das escenas en The Villages. Tamén apareceu en Step Up Revolution (2012), a cuarta película da serie Step Up.[12]
Boone, máis tarde recibiría un papel protagonista no drama independente Leave Me Like You Found Me (2012),[13] polo que gañou o premio Gen Art Film Festival á mellor actriz. En 2013, tivo un papel recorrente na serie de drama policial CBS, Blue Bloods[14] e, ese mesmo ano, conseguiu o papel protagonista da axente do FBI, Elizabeth Keen, na serie da NBC, The Blacklist.[15] A serie tivo moito éxito tanto de crítica como de público, incluíndo boas puntuacións nas listaxes do mercado de vídeos.[16]
Vida persoal
editarEn novembro de 2015, o seu representante confirmou que ela mailo artista Dan Estabrook esperaban o seu primeiro fillo xuntos. En xaneiro de 2016, durante unha aparición en Live! wit Kelly and Michael, Boone revelou que esperaban unha nena, que naceu en abril do mesmo ano[17][18]
Despois do nacemento da súa filla, implicouse cada vez máis na concienciación sobre asuntos medioambientais. En xaneiro de 2017, creou a Fundación Caroline Agnes.org, coa que pretende proporcionar aos pais opcións de entrega de agasallos para os seus fillos que sexan ambientalmente seguros.[19]
Filmografía
editarPelículas
editarAno | Título | Función | Notas |
---|---|---|---|
2001 | Elijah | Abigail | Curtametraxe |
2007 | The Mustachioed Bandit Meets His End | Kate | |
2009 | My Bloody Valentine 3D | Megan | |
2010 | The Myth of the American Sleepover | Kerri Sullivan | |
2010 | Eggshells for Soil | Profesora | Curtametraxe. Tamén directora, escritora e produtora. |
2010 | Sex and the City 2 | Allie | |
2012 | Step Up Revolution | Claire Asa | |
2012 | About Cherry | Jake | |
2012 | Leave Me Like You Found Me | Erin | Premio á mellor actriz no Gen Art Film Festival |
2013 | Welcome to the Jungle | Lisa | |
2017 | Family Games | Sloane | O filme foi liberado en 2018 |
2018 | Cred Talk |
Televisión
editarAno | Título | Función | Notas |
---|---|---|---|
2008 | The Cleaner | Rae | Episodio: "Five Little Words" |
2008 | Cold Case | Helen McCormick '60 | Episodio: "Wings" |
2010 | Harvard Medical School | Nell Larson | Episodio piloto |
2010 | HMS: White Coat | Nell Larson | Filme televisivo |
2010–2011 | Law & Order: LA | DDA Lauren Stanton | 7 episodios |
2013 | Blue Bloods | Detective Candice McElroy | 2 episodios |
2013–2021 | The Blacklist | Elizabeth Keen | 147 episodios[20] |
2014 | Robot Chicken | Hannah Horvath / Kelly Garrett / Zira / Angie | 2 episodios |
2017 | The Blacklist: Redemption | Elizabeth Keen | 2 episodios |
Notas
editar- ↑ Barker, Cory ORY BARK (2019-03-22). "tvguide.com". The Blacklist Gets the Band Back Together (en inglés). Consultado o 14-6-2020.
- ↑ 2,0 2,1 Rorke, Robert; Getlen, Larry; Seibel, Deborah S. (8-9-2013). "Actors to watch this fall". nypost.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ 3,0 3,1 Minton, Meta (6-9-2013). "NBC’s new hit show ‘The Blacklist’ stars talented local actress Megan Boone". villages-news.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ "Alum to Star in New NBC Series". Florida State University. (en inglés). 6-9-2013. Archived from the original on 08-10-2013. Consultado o 15-6-2020.
- ↑ "The Blacklist -Cast". nbc.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Vogt, Tiffany (23-9-2013). "THE BLACKLIST Intel: EP John Eisendrath and Megan Boone Preview their Intriguing New Spy Series". thetvaddict.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ "Megan Boone"
|url=
incorrecto (Axuda). tvguide.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. - ↑ Dodd, Scott (26-9-2017). "The Blacklist’s Megan Boone has a new target: climate change". grist.org (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ "Elijah". imbd.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Morgan, Terry (5-8-2007). "Limonade Tous Les Jours". variety.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Morris, Steven Leigh (8-4-2008). "THE 29TH ANNUAL L.A. WEEKLY THEATER AWARDS". laweekly.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Lowe, Justin (25 de xullo de 2012). "Step Up Revolution: Film Review". The Hollywood Reporter. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Schoenbrun, Dan (12-3-2012). "Five Questions with Leave Me Like You Found Me Director Adele Romanski". filmmakermagazine.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Andreeva, Nellie (25-10-2012). "Megan Boone To Do Arc On ‘Blue Bloods’ As Danny’s Partner, Subs For Jennifer Esposito". deadline.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Andreeva, Nellie (1-3-2013). "Megan Boone Cast As Female Lead In NBC Pilot ‘Blacklist’". deadline.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-10-2022. Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Redacción (13-3-2017). "NBC’s ‘The Blacklist’ jumps among DVR viewers". medialifemagazine.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-04-2017. Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Redacción (20-4-2016). "Megan Boone Welcomes Daughter Caroline". people.com (en inglés). Consultado o 14-6-2020.
- ↑ Dawn, Randee (20-4-2016). "'Blacklist' star Megan Boone welcomes a baby daughter Caroline Boone Estabrook". today.com (en inglés). Consultado o 14-6-2020.
- ↑ Wenn (4-1-2017). "Megan Boone started environmental foundation after daughter’s birth". hollywood.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020.
- ↑ Aínda que a serie ten emitido uns 152 episodios, Megan Boone apareceu só en 147 por mor do seu embarazo. Non apareceu nos episodios do 19 ao 22 da terceira temporada e tampouco aparece, co personaxe adulto, no episodio 17 da cuarta.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megan Boone |