Medalla Elias Brenner
A medalla Elias Brenner é un recoñecemento ao mérito numismático outorgado pola Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen –SNF–).[1]
Medalla Elias Brenner | |
---|---|
Outorgada pola Sociedade Numismática Sueca | |
Tipo | Ao mérito numismático. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos suecos e estranxeiros. |
Outorgada por | Promoción do coñecemento da numismática sueca. |
Estado | Suecia |
Descrición | Medalla de prata. |
Estadísticas | |
Establecida | 1976 |
Primeira outorgada | 1976 (Vera Ekström) |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
Concesión
editarTrátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia.[1]
De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro (Vera Ekström, 1977; Torgny Lingren, 1981).[1]
Caracterización
editarA medalla de prata foi creada en 1976 polo medallista franco-sueco Léo Holmgren. O seu anverso reproduce o retrato do numismático sueco Elias Brenner (1647-1717) realizado polo gravador Adolf Lindberg (1839-1916), coa lenda dividida en tres seccións: ELIAS BRENNER na súa parte superior: NAT[us]. MDCXLVII OB[iit]. MDCCXVII ás beiras, e NUMMOS SUECICOS PRIMUS COLLEGIT & EXPLICAVIT no exergo.[1]
No seu reverso amósase o emblema da Sociedade Numismática Sueca e, tres coroas unidas nun anel, rodeado pola lenda SOCIETAS NUMISMATICA SUECICA CONDITA ANNO MDCCCLXXIII, e no medio PRO / MERITIS.[1]
Galardoados
editar- 1976: Vera Ekström.
- 1977: Gunnar Sundberg.
- 1979:
- Lars O. Lagerqvist.
- Vera Hatz.
- Gert Hatz.
- Peter Berghaus.
- Gav van der Meer.
- Michael Dolley.
- 1981:
- Bjarne Ahlström.
- Yngve Almer.
- Harald Wideen.
- Torgny Lindgren.
- 1982: Bertil Wennström.
- 1983:
- Axel O. Larsson.
- Gunnar Holst.
- 1984: Lars-Ingvar Jönson.
- 1985: Ingemar Carlsson.
- 1986: Bertil Warn.
- 1987:
- Mats Malmer.
- Filip Härenstam.
- Kenneth Jonsson.
- 1989: Ulla Ehrensvärd.
- 1990: Jørgen Steen Jensen.
- 1994: Bertel Tingström.
- 1995: Rolf Sjöberg.
- 1999: Rune Ekre.
- 2000: Pekka Sarvas.
- 2003:
- Ulf Nordlind.
- Torbjörn Sundquist.
- 2004: Björn-Otto Hesse.
- 2006: Paul Levin.
- 2007:
- Tuukka Talvio.
- Harald Nilsson.
- Anders Frösell.
- Sten Törngren.
- 2009: Hans Menzinsky.
- 2012: Nils J. Lindberg.
- 2016: Bengt Holmén.
- 2018:
- Hannu Sarkkinen.
- Julia Krasnobaeva.
- 2020: Rolf Sandström.
- 2023:
- Cecilia von Heijne.
- Bo Gunnarsson.