Maxime Dominguez
Maxime Dominguez, nado en Xenebra o 1 de febreiro de 1996 en Xenebra, é un futbolista suízo, de orixe galega, que xoga de centrocampista no Miedź Legnica da segunda división polaca.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1996 ![]() Xenebra, Suíza ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNaceu en Xenebra, sendo fillo dunha suíza e dun galego natural do barrio coruñés dos Mallos.[1] Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Servette FC da súa cidade natal, subindo ao primeiro equipo en 2014. Debutou co primeiro eqiupo na Challenge League o 17 de febreiro de 2014 contra o FC Vaduz.[2] Marcou o seu primeiro gol nove días despois, na vitoria por 1-4 contra o FC Chiasso.[3]
En febreiro de 2015 saíu cedido ao FC Zürich e en outubro o club incorporou ao xogador en propiedade. Entre 2016 e 2020 xogou no Lausanne-Sport e tras pasar polo Neuchâtel Xamax,[4] deixou en 2021 o fútbol suízo para fichar polo Miedź Legnica da segunda división polaca.[5]
Selección nacional
editarFoi internacional nas categorías inferiores da selección suíza.
Notas
editar- ↑ Candal, Rocío (3 de setembro de 2018). "Memorias deportivistas de los hijos de la emigración" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Servette - Vaduz 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Chiasso - Servette 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez rejoint Xamax" (en francés). 8 de setembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez wzmacnia środek pomocy Miedzi!" (en polaco). 10 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en weltfussball.de (en alemán).