Matteo Bandello
Matteo Bandello, nado en Castelnuovo Scrivia en 1480 e finado en Agen en 1562, foi un escritor italiano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | p. 1485 ![]() Castelnuovo Scrivia, Italia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1561 ![]() Agen (Reino de Francia) ![]() |
Bispo diocesano | |
1 de setembro de 1550 – 1554 ← João de Lorena (pt) ![]() ![]() Diocese: Roman Catholic Diocese of Agen (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, bispo católico, escritor, poeta, escritor de contos ![]() |
Xénero artístico | Conto ![]() |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores ![]() |
Familia | |
Parentes | Vincenzo Bandelli, tío ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou en Pavia e ao rematar os estudos entrou na orde dos dominicos, da que saíu en 1526. Viviu en Mantua durante moitos, ao cargo da educación de Lucrezia Gonzaga. A batalla de Pavia, na que Lombardía pasou ao emperador, obrigou a Bandello a marchar a Agen, Francia onde foi bispo dende 1550.
Bandello escribiu numerosos poemas, como un Canzonieri seguindo o estilo de Petrarca, pero debe a súa fama á súa colección de contos (214) que recolleu nun libro en 1554 e outros que apareceron postumamente en 1573, eses contos fixérono inmensamente popular, pertencen ao mesmo xénero que o Decamerón de Boccaccio ou o Heptaméron de Margarida de Navarra. Shakespeare baseouse en moitos dos seus contos para as súas obras, visible en especial en Romeo e Xulieta.