Matraz de destilación
Un matraz de destilación[1] é un tipo de matraz de fondo esférico deseñado especialmente para facer destilacións; por iso ten un colo longo na metade do cal conta cunha saída inclinada cara a abaixo, que permite a conexión cun refrixerante. Normalmente fabrícase de vidro ou de plástico especial.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Distillation_flask_e17.png/220px-Distillation_flask_e17.png)
A súa maior vantaxe en comparación con outro material de vidro do laboratorio é que a súa base arredondada permite axitar ou remexer de forma doada o seu contido sen perigo de que verta por fóra. Pero ese mesmo fondo esférico faino tamén moi inestable e susceptible a caer se non se coloca no soporte adecuado.
Notas
editar- ↑ Definición de matraz no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.