Matías Estévez Martínez
político galego
Matías Estévez Martínez, coñecido como Rato, nado en Parderrubias (Salceda de Caselas) cara a 1911, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 ![]() Parderrubias, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Parentes | Martin Sheen, tío ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Manuel Estévez Fernández e Dolores Martínez, irmán de Francisco Estévez Martínez e tío de Martin Sheen.[1] Marchou á Arxentina en 1929. Retornou a Salceda de Caselas na República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na oposición ao golpe en Salceda. Detido, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 24 de setembro de 1936 e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Penal do Forte de San Cristovo de Pamplona o 5 de febreiro de 1937.[2] Saíu o 2 de setembro de 1940 en prisión atenuada. Emigrou á Arxentina.
Vida persoal
editarFoi pai de Angelita e Lola Estévez.
Notas
editar- ↑ Victoria Toro (10 de febreiro de 2012). "El gen rebelde de Sheen es gallego". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Estévez Martínez, Matías". Los presos del penal de Ezcaba.