Mascletà
Unha mascletà é un disparo pirotécnico que conforma unha composición moi ruidosa e rítmica que se dispara con motivos festivos nas prazas e rúas, normalmente durante o día; é típica do País Valenciano. Recibe a súa denominación polos masclets (petardos dunha gran potencia sonora) ligados mediante unha mecha, conformando unha liña ou traca. Adóitanse suxeitar a media altura penduradas con cordas ou alzados mediante canons.
Ao contrario que os fogos de artificio que procuran a estimulación visual, as mascletàs teñen coma obxectivo estimular o corpo a través dos fortes sons rítmicos dos masclets; algúns consideran estes ruídos "musicais", se ben non esquecen a parte visual. É fundamental que a forza das explosións vaia de menos a máis, sen iso unha mascletà non pode considerarse como tal.
As máis coñecidas son as que se celebran na praza do Concello de Valencia do 1 ao 19 de marzo, coincidindo coa festividade das Fallas, que chegan a reunir no día de Sant Josep, o último día das festas, a máis dun millón persoas.
A Mascletà
editarNa cidade de Valencia a falla comeza co anuncio da Fallera Major:
Senyor pirotècnic, pot començar la mascletà! (Señor pirotécnico, pode comezar a mascletà!)
Ademais unha mascletà debe de contar polo menos con estas partes:
- Comezo: conxunto de efectos tanto sonoros coma visuais co que comeza o espectáculo.
- Corpo: é a parte central da mascletà, debe ir medrando en intensidade e volume de son.
- Terremoto: parte na que os masclets estouran na terra, facendo vibrar o chan.
- Bombardeo Aéreo: Descarga de tronos aéreos de intensidade "in crescendo".