Maryse Bastié
Maryse Bastié, nada o 27 de febreiro de 1898 e finada o 6 de xullo de 1952, foi unha aviadora francesa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie-Louise Bombec ![]() 27 de febreiro de 1898 ![]() Limoges, Francia ![]() |
Morte | 6 de xullo de 1952 ![]() Bron, Francia ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 6 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aviadora, membro da resistencia francesa ![]() |
Empregador | French DGA Flight Test Centre (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea de Francia ![]() |
Rango militar | capitán ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarVeu ó mundo en Limoges co nome de Marie-Louise Bombec, o seu pai morreu cando ela tiña dez anos e para sobrevivir tivo que poñerse a traballar nunha zapatería en canto tivo idade, os seus recursos económicos eran escasos, un matrimonio fracasado deixáralle un neno. Casou de novo cun piloto militar, Louis Bastié, a quen coñeceu como madriña de guerra durante a primeira guerra mundial, adoptou o seu apelido consonte á norma francesa da época e quedou fascinada co mundo da aviación. O 15 de outubro de 1926 o seu compañeiro morreu nun accidente de aviación, ela xa con licenza de piloto desde 1925 non renunciou a pilotar e comezou a facer voos acrobáticos para gañar diñeiro e en 1927 mercou o seu propio aparello, un Caudron C.109.
Plusmarcas
editarNos anos seguintes bateu todos os récords femininos de aviación ata totalizar dez. En 1929 permaneceu no aire 26 horas e 46 minutos, o cal constituíu un novo récord feminino, ó ano seguinte bateu o seu propio récord ata deixalo en 37 horas e 55 minutos. En 1931 bateu o récord de distancia feminina establecendo en 2.976 km.
Morreu no decurso dun festival aéreo en Lión ó engalar cun prototipo do Noratlas 2500 que se estrelou.