Martti Ahtisaari
Martti Oiva Kalevi Ahtisaari, nado en Vyborg o 23 de xuño de 1937 e finado en Helsinqui o 16 de outubro de 2023, foi un político e diplomático das Nacións Unidas finlandés, presidente de Finlandia entre 1994 e 2000. Traballou coa mediación entre o goberno de Serbia e a que daquela era a provincia de Kosovo.
Traxectoria
editarFoi Premio Nobel da Paz no 2008 polos seus esforzos para resolver conflitos internacionais en varios continentes durante máis de tres décadas.[1]
Notas
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |