Martin Karplus
Martin Karplus, nado en Viena o 15 de marzo de 1930 e finado en Cambridge, Massachusetts, o 28 de decembro de 2024,[1][2] foi un químico teórico estadounidense.
Traxectoria
editarFoi profesor de química na Universidade Harvard dende 1979. Tamén foi director do Laboratorio de Química Biofísica, un laboratorio conxunto entre o Centre national de la recherche scientifique e a Universidade de Estrasburgo, en Francia. O seu irmán, Robert Karplus, foi un físico e educador internacionalmente recoñecido da Universidade de California en Berkeley.
En 2013 obtivo o Premio Nobel de Química.
Contribucións
editarMartin Karplus ten contribuído de forma significativa en moitos campos da fisicoquímica, incluíndo a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, a dinámica química, a química cuántica, e sobre todo, as simulacións de dinámica molecular de macromoléculas biolóxicas.
Notas
editar- ↑ "The Multifaceted Life of a Nobel Prize Winning Theoretical Chemist". Andrew J. Magni & Son Funeral Home. Consultado o 3 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Martin Karplus". Legacy. 3 de xaneiro de 2025. Consultado o 3 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Publicacións (en inglés)
- Grupo de investigación de Karplus en Harvard. Arquivado do orixinalArquivado 10 de decembro de 2012 en Archive.is o 10 de decembro de 2012 (en inglés)
- Ficha na Universidade de Estraburgo Arquivado 18 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en francés)
- Biografía (en inglés)
- Páxina oficial de fotografía de Martin Karplus (en inglés)