Martin Eden
novela de Jack London
Martin Eden é unha novela de 1909 escrita polo autor estadounidense Jack London. Conta a historia dun mozo proletario e autodidacta e a súa loita por converterse en escritor. O tema central do desenvolvemento artístico de Eden sitúa a novela dentro da tradición do Künstlerroman, un xénero no cal se narra a creación e o desenvolvemento dun artista.[1][2][3] Foi publicada orixinalmente de forma serializada na revista The Pacific Monthly dende setembro de 1908 até setembro de 1909 e posteriormente foi publicado en formato libro por Macmillan en setembro de 1909.
Martin Eden | |
---|---|
Portada da primeira edición. | |
Título orixinal | Martin Eden |
Autor/a | Jack London |
Cuberta | Carlos Valdés (gl) |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Macmillan Irmás Cartoné |
Data de pub. | 1909 2019 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 504 |
ISBN | ISBN 978-84-948421-7-7 (gl) |
Premios | |
Tradución | Celia Recarey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Celia Recarey [4] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2019.
Notas
editar- ↑ Sam S. Baskett (1976) Martin Eden: Jack London's Poem of the Mind, in Modern Fiction Studies, 22 (1976), pp. 23–36
- ↑ James Burrill Angell (2006) Martin Eden and the Education of Henry Adams: The Advent of Existentialism in American Literature, p.69
- ↑ Earle Labor, Jeanne Campbell Reesman (1994) Jack London p.76 quotation: "Martin Eden is part of a literary tradition that includes such classics as Goethe's Wilhelm Meister's Apprenticeship, Melville's Pierre, Somerset Maugham's Of Human Bondage, DH Lawrence's Sons and Lovers, and Thomas Wolfe's Look Homeward, Angel.
- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "Martin Eden por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2019.