Marta Fernández-Tapias
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Marta María Fernández-Tapias Núñez, nada en Vigo en 1974, é unha avogada e política galega do PPdG, delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo dende o ano 2020.
![]() (2022) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
2020 – 2020 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Partido Popular de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en dereito pola universidade Complutense de Madrid, é avogada, especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro. En novembro de 2016 foi nomeada Directora Xeral de Administración local na Xunta de Galicia, onde exerceu ata a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[1]
Sucedendo no posto a Corina Porro, de setembro de 2020 a xuño de 2023 foi a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo.[2] Sucedeuna Ana Ortiz Álvarez.
En decembro de 2021 foi elixida, polos militantes do seu partido, líder do PP en Vigo e en agosto de 2022 o comité electoral do PP de Vigo designouna como candidata á alcaldía da cidade para as Eleccións municipais de 2023 que se celebraron o 28 de maio, resultando elixida concelleira e liderando a oposición ao goberno do alcalde Abel Caballero.[3]
Vida persoal
editarÉ sobriña do empresario Fernando Fernández Tapias.
Notas
editar- ↑ "La viguesa Marta Fernández Tapias, nueva directora xeral de Administración Local". Faro de Vigo (en castelán). 26/11/2016.
- ↑ "Marta Fernández-Tapias, la candidata de Rueda, nueva delegada de la Xunta en Vigo". Faro de Vigo (en castelán). 18/9/2020.
- ↑ "Marta Fernández-Tapias será a candidata do PP de Vigo nas eleccións municipais de 2023". Europa Press. 2 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Fernández-Tapias |
Ligazóns externas
editar- Parlamento de GaliciaArquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
Predecesor: Corina Porro |
Delegada da Xunta de Galicia en Vigo 2020 – 2023 |
Sucesor: Ana Ortiz Álvarez |