Martín Ferreiro Álvarez
Martín Ferreiro Álvarez, nado en Quireza (Cerdedo-Cotobade) o 13 de setembro de 1892 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 23 de novembro de 1941, foi un construtor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1892 ![]() Quireza, España ![]() |
Morte | 23 de novembro de 1941 ![]() Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Austria ![]() |
Actividade | |
Ocupación | construtor, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarVencellado á construción, marchou á Coruña. Durante a República afiliouse a Izquierda Republicana e foi concelleiro de Obras e tenente de alcalde no Concello herculino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 procurou agocho en Quireza, despois en Portugal e Francia, combatendo o exército franquista nas frontes do Levante e Cataluña
Foi confinado no campo de Argelès-sur-Mer. Integrouse como voluntario nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, desenvolvendo a súa profesión no reforzamento da Liña Maginot. Consumada a invasión alemá, sumouse ao exército francés para seguir combatendo o fascismo. Capturado pola Wehrmacht (maio-xuño de 1940), foi confinado no stalag V-D, preto de Estrasburgo, e posteriormente deportado a Mauthausen, canda outros 848 prisioneiros, o 13 de decembro de 1940.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Solla Varela, Carlos. "Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen" tabeirosmontes.com
- Solla Varela, Carlos (5/8/2012). "Un cerdedense en Mauthausen" Faro de Vigo.