Martín Fernández Prado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Martín Fernández Prado, nado na Coruña o 18 de xullo de 1966 é un arquitecto, profesor e político galego do Partido Popular (PP).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 ![]() |
Educación | Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria profesional
editarMartín Fernández Prado é arquitecto coas especialidades de Urbanismo e Edificación pola Universidade de Navarra. Doutorouse en 2010 pola Universidade da Coruña.
Desde 1995 é arquitecto autónomo do COAG (delegación de Lugo) e desde 1998 copropietario de HFP Arquitectura & Urbanismo SL. Profesor contratado en diversos cursos de grao e posgrao na ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña desde 1998.
Traxectoria política
editarColaborador xa da formación conservadora desde os tempos de Alianza Popular colaborou tamén desde 2003 cos equipos de Alberto Núñez Feijóo[1]: foi Director Xeral de Planificación da Xunta de Galicia (2003-2005) e é presidente da Comisión Territorial do Eixo Atlantico (formada por 32 cidades de Galiza e Norte de Portugal).
Nomeado tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas após a maioría absoluta acadada nas eleccións municipais de 2011 na Coruña e posteriormente concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Infraestruturas e Servizos Públicos. Permaneceu no cargo até 2015, cando pasou ás bancadas da oposición.
En agosto de 2016 anunciouse a súa presenza como número 12 nas listas do PP pola provincia da Coruña para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano[2], resultando elixido deputado para a X lexislatura. No parlamento presidiu a comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e exerceu asemade como voceiro do grupo popular na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.[3]
En 2020 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia. En decembro dese ano foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria da Coruña[4].
Notas
editar- ↑ Fernández, A. "Martín Fernández Prado: ´Saber de algunos temas favorece, pero a veces hay que adaptarse´ - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-29.
- ↑ "Anova, Podemos y EU desplazan a los fieles a Ferreiro en la lista a la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-24. Consultado o 2016-08-29.
- ↑ "Directorio de deputados". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-04.
- ↑ "O novo presidente do porto da Coruña pide buscar solucións "entre todas" as administracións para a débeda". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-01-13.