Marlon Maxey
Marlon Lee Maxey, nado o 19 de febreiro de 1969 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado nas Universidades de Minnesota e UTEP. Foi elixido no Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves, onde xogou dúas tempadas. Logo xogaría ao Breogán de Lugo e xogaría xa o resto da súa carreira en Europa, principalmente na liga grega. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de ala-pivote.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1969 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Julian High School (en) ![]() Universidade de Minnesota (pt) ![]() ![]() |
Altura | 203 cm ![]() |
Peso | 114 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista ![]() |
Período de actividade | 1992 ![]() ![]() |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() |
Deporte | baloncesto ![]() |
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() |
Posición de xogo | Ala-pivote ![]() |
Convocado por | Minnesota Timberwolves ![]() |
Traxectoria
editarUniversidade
editarTras pasar un ano no que apenas xogou cos Golden Gophers da Universidade de Minnesota,[1] xogou durante tres tempadas máis cos Miners da Universidade de Texas-El Paso, nas que fixo unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na súa última tempada foi incluído no mellor quinteto da Western Athletic Conference.
Profesional
editarFoi elixido na vixésimo oitava posición do Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves,[2] cos que asinou por catro tempadas, aínda que finalmente só disputaría dous cos Wolves, sempre como un dos últimos xogadores en saír á pista. A súa mellor campaña foi a primeira, na que fixo unha media de 5,4 puntos e 3,8 rebotes por partido.
Tras quedar sen equipo, xa en 1995 márchase a xogar ao baloncesto europeo, fichando polo Breogán de Lugo, da liga ACB, onde acaba a tempada cunha media de 19,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Tamén conseguiría o récord da ACB de mates nun só partido (compatido con Maceo Baston) tras conseguir facer oito contra o Coren Ourense. Ao ano seguinte marcharíase a xogar á liga grega, onde permanecería catro tempadas en tres equipos diferentes, o Gymnastikos S. Larissas, o Peristeri e o Iraklis Thessaloniki.
En 1999 ficha polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da liga francesa, regresando ao ano seguinte á ACB da man do Lucentum Alicante, pero só disputa 9 partidos antes de ser cortado, promediando 11,1 puntos e 6,1 rebotes. Acabaría a tempada e a súa carreira deportiva no Galatasaray da liga turca.
Equipos
editar- Minnesota Timberwolves (NBA, 1992–1994)
- Breogán Lugo (ACB, 1995)
- Gymnastikos S. Larissas (A1, 1995–1996)
- Peristeri (A1, 1996−1997)
- Iraklis Thessaloniki (A1, 1996−1997)
- Peristeri (A1, 1998−1999)
- ASVEL Villeurbanne (LNB, 1999−2000)
- Lucentum Alicante (ACB, 2000−2001)
- Galatasaray (TBL, 2001)