Mark E. Smith
Mark Edward Smith, nado o 5 de marzo de 1957 e finado o 24 de xaneiro de 2018, foi un cantautor inglés. Foi o vocalista principal, letrista e único membro constante da banda de post-punk The Fall. Smith formou o grupo despois de ir ao concerto de xuño de 1976 dos Sex Pistols no Lesser Free Trade Hall de Manchester[1][2] e foi o seu líder ata a súa morte. Durante os seus 42 anos de existencia, a formación de The Fall contou cuns 60 músicas, cos cales Smith publicou 32 álbums de estudio e numerosos sinxelos e EPs.[3]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mark Edward Smith ![]() 5 de marzo de 1957 ![]() Salford, Reino Unido ![]() |
Morte | 24 de xaneiro de 2018 ![]() Prestwich, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | cancro de pulmón cancro de ril ![]() |
Educación | Philips High School ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actor, cantautor, poeta, letrista, cantautor, artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1978 ![]() ![]() |
Partido político | Partido Socialista dos Traballadores ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Post-punk, rock alternativo, art punk, Música experimental, spoken word e world music ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Rough Trade Records ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Elena Poulou Brix Smith ![]() |
Descrito pola fonte | Mark E. Smith, Uncompromising Leader of the Fall, Dies at 60 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Smith tiña unha personalidade difícil e complexa e era un alcohólico de longa duración.[4][5] Era coñecido polo seu enxeño mordaz e directo, evidente nas entrevistas, polo que foi moi demandado polos xornalistas musicais ao longo da súa carreira. Desconfiaba das trampas da fama e evitou en gran medida socializar con persoas asociadas á escena musical, incluídos outros membros de The Fall. O aspecto escuro e sardónico da súa personalidade adoita aparecer nas súas letras; el mofábase especialmente da xente da industria musical. O enfoque de Smith cra a música era pouco convencional e non tiña gran consideración pola musicalidade, afirmando que "o rock and roll nin sequera é música en realidade. É un maltrato dos instrumentos para superar os sentimentos".[6]
The Fall son consideradas unha das bandas post-punk máis importantes e influentes dos anos 80, 90 e 2000. Aínda que era difícil traballar con Smith, era venerado por fans e críticos, e foi descrito como un "estraño tipo de tesouro nacional de antimateria".[7]
Notas
editar- ↑ "BBC Radio 6 Music - Radcliffe and Maconie, Live from Manchester's Lesser Free Trade Hall - They Swear They Were There: Sex Pistols at the Lesser Free Trade Hall". BBC (en inglés). Consultado o 2025-01-11.
- ↑ Edge, 1989, p. 8
- ↑ "Mark E Smith: British rock's cult hero" (en inglés). 2018-01-24. Consultado o 2025-01-11.
- ↑ Kaufman, Gil. "Fall Singer To Enter Alcohol Treatment Program". MTV, 15 de abril de 1998
- ↑ "Mark E. Smith on drinking alcohol (transcript included)". 2015-12-17. Consultado o 2025-01-11.
- ↑ "The Fall and Mark E Smith As A Narrative Lyric Writer". The Quietus (en inglés). 2018-01-24. Consultado o 2025-01-12.
- ↑ "The Fall's Mark E Smith has become a strange, antimatter national treasure". The Indepent. Consultado o 12 de xaneiro de 2025.
Bibliografía
editar- Edge, Brian (1989). Paintwork: A Portrait of the Fall. Omnibus. ISBN 978-0-7119-1740-8.