Marisol Piñeiro
María Soledad Piñeiro Martínez, nada en Carnota o 1 de outubro de 1968, é unha mestra e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1968 (56 anos) Carnota, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política |
Traxectoria
editarDiplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestra de educación de adultos. Foi coordinadora de iniciativas comunitarias de creación de emprego no Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia. Foi concelleira do PP en Carnota de 1999 a 2007 e en 2007 foi tenenta de alcalde. Pertence á Xunta Directiva do PP da Coruña. Foi deputada no Parlamento de Galicia en 2009 substituíndo a Diego Calvo Pouso e volveu ser deputada en 2012 substituíndo a Álvaro Pérez López. Procesada en decembro de 2015 polo TSXG por un presunto delito de prevaricación pola contratación irregular dunha traballadora no Concello de Carnota cando era tenenta de alcalde, dimitiu como deputada[1].
Notas
editar- ↑ "Piñeiro abandona o Parlamento tralo seu procesamento polo TSXG". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 03 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine.