Mario Casariego
Mario Francisco Casariego Acevedo, nado o 13 de febreiro de 1909 nas Figueiras (Castropol) e finado o 15 de xuño de 1983 na Cidade de Guatemala, foi un relixioso español, arcebispo de Santiago de Guatemala dende 1964 até o seu pasamento.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Mario Casariego y Acevedo ![]() 13 de febreiro de 1909 ![]() As Figueiras, España ![]() |
Morte | 15 de xuño de 1983 ![]() Guatemala ![]() |
Lugar de sepultura | Cathedral of Guatemala City (en) ![]() ![]() |
Cardeal | |
28 de abril de 1969 – | |
Archbishop of Santiago de Guatemala (en) ![]() | |
12 de decembro de 1964 – ← Mariano Rossell y Arellano (en) ![]() ![]() Diocese: Arquidiocese de Santiago de Guatemala (pt) ![]() | |
Arcebispo titular | |
12 de novembro de 1963 – Diocese: Perge (en) ![]() | |
Bispo titular | |
15 de novembro de 1958 – Diocese: Sé Titular de Pudentiana (pt) ![]() | |
Bispo auxiliar | |
15 de novembro de 1958 – Diocese: Arquidiocese de Santiago de Guatemala (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Cidade de Guatemala ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1958–), sacerdote católico (1936–) ![]() |
Orde relixiosa | Orde dos Cregos Regulares de Somasca ![]() |
Consagración | Xoán XXIII ![]() |
Participou en | |
14 de outubro de 1978 | conclave de outubro de 1978 |
26 de agosto de 1978 | conclave de agosto de 1978 ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Figueras_%28RPS_25-07-2020%29_placa_en_honor_del_padre_Mario_Casariego.png/220px-Figueras_%28RPS_25-07-2020%29_placa_en_honor_del_padre_Mario_Casariego.png)
Traxectoria
editarO 3 de outubro de 1930 profesou como membro dos Coéngos Regulares da Somasca, e o 19 de xullo de 1936 foi ordenado sacerdote por Mariano Rossell Arellano.
O 15 de novembro de 1958 foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Guatemala e bispo titular de Pudentiana. Recibiu a consagración episcopal de mans do papa Xoán XXIII o 27 de decembro.
O 12 de novembro de 1963 foi nomeado arcebispo coadxutor de Santiago de Guatemala e arcebispo titular de Perge. O 12 de decembro de 1964 sucedeu a Mariano Rossell como arcebispo metropolitano de Santiago de Guatemala.
O papa Paulo VI creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria in Aquiro no consistorio do 28 de abril de 1969. Finou no cargo o 15 de xuño de 1983.