Marie Stopes
Marie Charlotte Carmichael Stopes, nada o 15 de outubro de 1880 e finada o 2 de outubro de 1958, foi unha autora, paleobotánica, investigadora, euxenicista escocesa, defensora dos dereitos da muller e pioneira no eido da planificación da natalidade. As súas achegas en paleontoloxía e clasificación do carbón foron moi significativas, ademais de ser a primeira académica da súa facultade na Universidade de Manchester.[1]
Traxectoria
editarXunto co seu segundo marido, Humphrey Verdon Roe, fundou a primeira clínica de control da natalidade de Gran Bretaña. Stopes editou a publicación Birth Control News que daba consellos explícitos sobre o tema.
O seu manual sobre sexo, Married Love foi moi controvertido e influente. Opúñase ó aborto argumentando que a prevención da concepción era suficiente.[2]
Notas
editar- ↑ Los 100 protagonistas del siglo XX. VVAA. El País S.A. 1992. ISBN 84-86459-41-9
- ↑ Maude, Aylmer (1933). Marie Stopes: Her Work and Play. John Bale & Sons and Danielsson. p. 42.