Maria Lea Pedini Angelini
Maria Lea Pedini Angelini, nada en San Marino o 15 de xullo de 1954, é unha política e diplomática sanmarinense. Pertence ao Partido Demócrata Cristián Sanmarinense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1954 (70 anos) Cidade de San Marino |
Capitán Rexente de San Mariño | |
1 de abril de 1981 – 1 de outubro de 1981 | |
Member of the Grand and General Council of San Marino (en) | |
1978 – 1988 | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática |
Partido político | Partido Democrata Cristão de San Marino (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciouse na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de Boloña en 1976, cunha tese sobre a museografía na tradición dos canteiros de San Marino.
En abril de 1981 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de Capitán Rexente de San Marino, xunto a Gastone Pasolini.[1]
Desde 1983 até 2006 foi directora da Oficina de Asuntos Culturais e de Información, no Departamento de Asuntos Exteriores. Máis tarde converteuse en directora do Departamento de Asuntos Europeos.
Desde 1995 é embaixadora de San Marino en Suecia.[2]
En 1998 recibiu do entón Presidente de Italia Óscar Luigi Scalfaro a Orde do Mérito da República Italiana.[3]
En 2005 atopábase entre os socios que refundaron a Sociedade Dante Alighieri en San Marino, que fora disolta en 1974.[4]
Cara a 2007 foi directora xeral do Departamento de Asuntos Exteriores e máis tarde foi embaixadora.[5][6]
En 2016, 35 anos despois do seu nomeamento, foi emitido na súa honra un selo de € 2,55 por parte da Azienda Autonoma di Stato Filatelica e Numismatica.[7][8]
Recoñecementos
editar- Cabaleiro da Orde ó Mérito da República Italiana, Italia, 3 de marzo de 1998. Condecorada polo presidente da república Óscar Luigi Scalfaro,
Notas
editar- ↑ Le donne Reggenti
- ↑ Ambascita di San Marino presso il Regno di Svezia
- ↑ Maria Lea Pedini - Cavaliere di Gran Croce Ordine al Merito della Repubblica Italiana
- ↑ "Costituzione Società Dante Alighieri a San Marino nel 2005" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "San Marino, primo capo di Stato disabile "Via tutte le barriere architettoniche"". La Reppublica. 4 de outubro de 2007.
- ↑ Guide to Women Leaders. "San Marino". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 6 de maio de 2011.
- ↑ Cod. 629 - 35° anniversario della prima donna Capitano Reggente
- ↑ 35 anni fa la salita alla Suprema Magistratura dello Stato come prima Donna Reggente celebrata in una emissione filatelica e un annullo postale accolta con stima dai Capi di Stato