Margarida Leijonhufvud
(Redirección desde «Margarida Eriksdotter»)
Margarida Leijonhufvud, nada en Närke o 1 de xaneiro de 1516 e finada en Södermanland o 26 de agosto de 1551, tamén coñecida como Margarida Eriksdotter foi a segunda esposa do rei Gustavo I e raíña consorte de Suecia até a súa morte. Era filla de Éric Abrahamsson Leijonhufvud e súa esposa Ebba Eriksdotter Vasa. Entre os seus fillos, están Xoán III e Carlos IX.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1516 (Gregoriano) Gräfsnäs, Suecia (pt) |
Morte | 25 de agosto de 1551 (Gregoriano) (35 anos) Tynnelsö Castle, Suecia (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Catedral de Uppsala 59°51′29″N 17°38′00″L / 59.8581, 17.6333 |
Outro | |
Título | Raíña consorte Raíña |
Familia | Dinastía de Vasa |
Cónxuxe | Gustavo I de Suecia (1536, 1536 (Gregoriano)–) |
Fillos | João III da Suécia, Catherine Vasa of Sweden, Cecília Vasa, Magnus, Duke of Östergötland, Anna of Sweden, Princess Sophia of Sweden, Princess Elizabeth of Sweden, Carlos IX de Suecia |
Pais | Erik Abrahamsson e Ebba Eriksdotter Vasa |
Irmáns | Martha Leijonhufvud Sten Eriksson Leijonhufvud Abraham Eriksson Leijonhufvud |
Descrito pola fonte | Dicionário Biográfico Sueco (pt) Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) |
Descendencia
editar- Xoán III de Suecia (20 de decembro de 1537 – 17 de novembro de 1592), casado primeiro coa princesa Catarina de Polonia; con descendencia. Casado despois con Gunilla Bielke; con descendencia.
- Catarina de Suecia (6 de xuño de 1539 – 21 de decembro de 1610), casada co conde Edgar II da Frisia Oriental; con descendencia.
- Icía de Suecia (16 de novembro de 1540 – 27 de xaneiro de 1627), casada con Cristovo II de Baden-Rodemachern; con descendencia.
- Magno, duque de Östergötland (15 de xullo de 1542 – 26 de xuño de 1595), tiña un trastorno mental que fixo que fose coñecido como o "duque tolo"; morreu solteiro e sen descendencia.
- Carlos de Suecia (nado e finado en 1544).
- Ana María de Suecia (19 de xuño de 1545 - 20 de marzo de 1610), casada co conde palatino Xoán I de Veldenz; con descendencia.
- Estevo de Suecia (1546–1547)
- Sofía da Suecia (29 de outubro de 1547 – 17 de marzo de 1611), casada co duque Magno II de Saxe-Lauemburgo; con descendencia.
- Sabela da Suecia (5 de abril de 1549 - 20 de novembro de 1597), casada co duque Cristovo de Mecklenburg-Gadebusch; sen descendencia.
- Carlos IX de Suecia (4 de outubro de 1550 – 30 de outubro de 1611), casado primeiro coa condesa María do Palatinado-Simmern; con descendencia. Casado despois coa duquesa Cristina de Holstein-Gottorp; con descendencia.
Notas
editar- ↑ Ernby, Birgitta; Martin Gellerstam, Sven-Göran Malmgren, Per Axelsson, Thomas Fehrm (2001). "Margareta Lejonhufvud". Norstedts första svenska ordbok (en sueco). Estocolmo: Norstedts ordbok. p. 793. ISBN 91-7227-186-8.