Margaret Hutchinson Rousseau
Margaret Hutchinson Rousseau, nada en Houston,Texas (Estados Unidos) o 27 de outubro de 1910 e finada en Weston, Massachusetts (Estados Unidos) o 12 de xaneiro de 2000 aos 89 anos, foi unha enxeñeira química estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1910 ![]() Houston, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 12 de xaneiro de 2000 ![]() Weston, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | doenza ![]() |
Educación | Universidade Rice (pt) ![]() Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Engineer's degree (en) ![]() ![]() |
Ocupación | enxeñeira química, enxeñeira ![]() |
Premios | |
Traxectoria
editarMargaret Hutchinson naceu en 1910 en Houston, Texas, filla dun dono dunha pequena tenda de roupa. Graduouse en Ciencias polo Instituto Rice en 1932, e doutorouse en enxeñería química polo MIT en 1937[1][2], converténdose na primeira muller cun doutoramento nesa especialidade nos Estados Unidos.[1][2] O título da súa tese foi The effect of solute on the liquid film resistance in gas absorption (en galego O efecto do soluto sobre a resistencia da película líquida na absorción de gas).[3]A súa carreira profesional como enxeñeira química comeza en Boston en E.G Badger, unha empresa especializada no deseño e construción de plantas para a fabricación de diversos produtos. Esta enxeñeira contribuíu á segunda guerra mundial con dous proxectos de gran relevancia histórica.
O seu maior logro foi deseñar o primeiro fermentador en masa do fungo Penicillium chrysogenum para a produción comercial de penicilina. A capacidade de crear este antibiótico a partir do fungo Penicillium notatum fora descuberta no 1928 por Fleming, mais as dificultades para a súa extracción facían dese descubrimento todo un desafío para desenvolver unha forma de produción rápida e a grande escala deste fármaco anti-bacteriano coñecido como penicilina. A substitución do Penicilium notatum polo Penicillium chrysogenum solventou estes atrancos.[4]Porén, descoñécese cal foi a planta de manufacturación deste produto que Hutchinson axudou a deseñar[1]; a primeira planta que se coñece puxo en funcionamento este sistema de tanques de fermentación foi a da empresa Pfizer en Brooklyn, Nova York, onde ela traballaba,[2] pero durante a Segunda guerra mundial houbo máis de vinte empresas canadenses e estadounidenses implicadas neste tipo de produción.[1]
As súas experiencias de produción de caucho sintético e a destilación do cru de petróleo en combustible de alto octanaxe xogaron un papel importante no deseño deste proceso[1]. Así, a través deste proceso, almacenábase mofo produtor de penicilina utilizando catorce tanques de fermentación.[Cómpre referencia]
Grazas a estes avances, no 1944 máis de dous millóns de doses de penicilina estaban dispoñibles para o seu emprego polas forzas aliadas, co potencial de salvar moitas vidas[Cómpre referencia]. Mentres, Margaret e outros determinaron a estrutura de penicilina.[Cómpre referencia]
Na década dos cincuenta[Cómpre referencia] traballou no desenvolvemento de gasolina de alto octanaxe. Margaret axudou a inventar un dispositivo chamado ripple tray que mellorou a destilación do petróleo cru co fin de obter combustible a partir dalgúns dos seus compoñentes, xa que algúns deles se empregan para fabricar gasolina, mentres que outros serven para fabricar unha gran variedade de produtos, entre eles os plásticos.[1] Compre mencionar os seus traballos na mellora do deseño das columnas de destilación e das plantas para a produción de etilenglicol e ácido glacial[5].[Cómpre referencia]
No ano 1945 pasou a ser membro do American Institute of Chemical Engineers (AIChE), sendo a primeira muller en acadar esta posición.[6]
Retirouse no ano 1961 e converteuse en revisora da Orquestra Sinfónica de Boston.[1]
Casou con William C. Rousseau, un compañeiro de traballo que máis tarde sería un conferenciante de enxeñería química no Instituto de Massachusetts de Tecnoloxía (MIT). Tiveron un fillo.[Cómpre referencia] Faleceu o 12 de xaneiro de 2000 na súa casa en Weston, Massachusetts (Estados Unidos).[Cómpre referencia]
Premios e recoñecementos
editarEn 1955 recibiu o Premio Achievement da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras.[Cómpre referencia]
En 1983 foi a primeira gañadora do prestixioso premio AIChE Founders Award, do American Institute of Chemical Engineers.[2][1][6][7]Ata o 2003 a única muller membro que conseguiu este título, que premia as contribucións significativas á investigación e á práctica da enxeñaría química.
O premio Margaret Hutchinson Rousseau Pioneer Award for Lifetime Achievement by a Woman Chemical Engineer[8] leva o seu nome no seu honor.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Women in Chemistry: Margaret Hutchinson Rousseau". web.archive.org. 2010-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2010. Consultado o 2021-04-27.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ellis, Gordon (1 de marzo de 2021). "A Chemical Engineering Pioneer and Some of Her Descendants". www.aiche.org (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ Hutchinson, Margaret H. (1937). The effect of solute on the liquid film resistance in gas absorption (Tese). Massachusetts Institute of Technology.
- ↑ García Quesada, Juan Carlos (2010). "LA INGENIERÍA QUÍMICA Y LA INDUSTRIA FARMACÉUTICA: EL CASO DE LA PENICILINA" (PDF). Revista Oficial de la Escuela Politécnica Superior. ISSN 1889-7126. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2021.
- ↑ "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. 2015-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 2021-04-27.
- ↑ 6,0 6,1 "Institute Milestones". www.aiche.org. 2013-04-04. Consultado o 9 de maio de 2021lingua=en.
- ↑ "Winners: Founders Award for Outstanding Contributions to the Field of Chemical Engineering". www.aiche.org. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ "Margaret Hutchinson Rousseau Pioneer Award for Lifetime Achievement by a Woman Chemical Engineer". www.aiche.org (en inglés). 2016-12-05. Consultado o 2021-04-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Historia da produción de penicilina coa fermentación deep-tank (en inglés)
- Margaret Hutchinson Rousseau, ingeniera química no blog Mujeres con ciencia