Marcus Thornton
Marcus Terrell Thornton, nado o 5 de xuño de 1987 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association (CBA).
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1987 (37 anos) Baton Rouge, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Tara High School (en) Kilgore College (en) Universidade Estatal de Luisiana | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Miami Heat | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarInstituto e universidade
editarFixo 27 puntos e capturou 6.5 rebotes por partido no seu ano como sénior no Tara High School en Baton Rouge, Louisiana. Tras acabar o instituto xogou dous anos na Univerisdade de Kilgore, en Kilgore, Texas. Completou a súa carreira universitaria na universidade de Louisiana State (LSU), onde foi nomeado Xogador do Ano da Conferencia Sueste.
NBA
editarThornton foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Miami Heat, pero os seus dereitos foron traspasados aos New Orleans Hornets. O 23 de febreiro de 2010, Thornton anotou 23 puntos nun cuarto, a mellor marca da franquía dos Hornets. Rematoue ese partido con 37 puntos. Ao remate da tempada, foi incluído no segundo equipo de rookies da NBA. O 23 de febreiro de 2011, Thornton foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Carl Landry.[1] O 14 de marzo de 2011, Thornton anotou 42 puntos, a máxima anotación na súa carreira, contra os Golden State Warriors. O 9 de decembro de 2011, Thornton asinou un contrato por 5 anos e 40 millóns de dólares cos Kings.
O 19 de febreiro de 2014, os Kings traspasaron a Thornton ós Brooklyn Nets a cambio de Jason Terry e Reggie Evans.[2] O 10 de xullo de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Cleveland Cavaliers e os Nets.[3] O 19 de febreiro de 2015, Thornton foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Phoenix Suns, a cambio de Isaiah Thomas.[4]
Notas
editar- ↑ "Kings Acquire Marcus Thornton from the New Orleans Hornets in Exchange for Carl Landry". NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24.
- ↑ "Nets Acquire Marcus Thornton from Sacramento". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014.
- ↑ Celtics Complete Three-Team Trade
- ↑ "Suns Complete Deal with Boston for Thornton, Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)