Marcelo Campanal
Marcelino Vaquero González del Río, coñecido como Marcelo Campanal ou Campanal II, nado en Xixón o 13 de febreiro de 1931 e finado en Avilés o 25 de maio de 2020, foi un futbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Marcelino Vaquero González del Río ![]() 13 de febreiro de 1932 ![]() Xixón, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 25 de maio de 2020 ![]() Avilés, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cardiopatía ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1947 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
Traxectoria
editarSobriño do histórico futbolista do Sevilla Guillermo Campanal, este levouno para a capital hispalense despois de que comezase a destacar na canteira do Avilés.[1] Na tempada 1950/51 debutou co Sevilla na Primeira División, nun partido contra o Athletic Club, e xa non abandonou a titularidade durante a seguinte década. Co equipo andaluz disputou a Copa de Europa e a Recopa de Europa, e sumou un total de 403 partidos en 16 tempadas, ata converterse no futbolista con máis partidos na historia do club naquel momento. Marcou só tres goles, fronte a Espanyol, Deportivo da Coruña e Valencia.
Na tempada 1966/67 fichou polo Deportivo da Coruña, no que participou en 16 encontros e anotou un gol. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1967–68 permaneceu no club galego, campaña na que volveron a Primeira División como campións do Grupo I, participando en 22 partidos.
Na tempada 1968–69 xogou no Real Avilés, en Terceira División.
Palmarés
editar- Deportivo
- Segunda División (1): 1967–68
Notas
editar- ↑ "Marcelo Campanal, III Dorsal de Leyenda" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).