Mar Vaamonde García

mestra galega

Mar Vaamonde García, nada o 28 de xaneiro de 1976, é unha mestra galega.

Modelo:BiografíaMar Vaamonde García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1397815

Traxectoria

editar

Diplomada en Maxisterio nas especialidades de Audición e Linguaxe e Educación física pola Universidade da Coruña e licenciada en Psicopedagoxía por esa universidade.

A súa andaina profesional está moi marcada polas TIC e TAC. No curso 2009/10, sendo docente no CRA Ponte da Pedra (Teo) elaborou un completo recurso flash "Rutinas de infantil" empregado nos centros educativos galegos. O seu traballo no seu centro foi merecedor dun dos Proxectos TIC que a Consellería de Educación outorgou a centros senlleiros no uso das TIC e TAC. Impartiu cursos ao profesorado galego relacionados co uso do taboleiro dixital interactivo como recurso didáctico.

É asesora en tecnoloxías de información e comunicación no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) dende xaneiro de 2012, e nos cursos 2013/14 e 2014/15 exerceu a xefatura do devandito departamento.

É unha das socias fundadoras da Asociación Cultural Son d’aquí, creada en 2014.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar