María del Portal Panisse
María del Portal Emiliana Panisse Ferrer, nada na Coruña o 11 de outubro de 1914 e finada en Compostela o 28 de agosto de 2001,[1] foi unha farmacéutica galega, coñecida como Maruxa e como a boticaria da liberdade.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1914 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 28 de agosto de 2001 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica ![]() |
Familia | |
Fillos | María do Carmo Ríos Panisse ![]() |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia liberal, ilustrada e culta da Coruña. Viviu no Orzán e en María Pita e pasaba os veráns en Almeiras, Culleredo, preto da cidade herculina. Tras estudar a primaria e o bacharelato en diferentes centros da Coruña, preparou oposicións ó Ministerio da Gobernación. Porén, estas foron canceladas ó instaurarse a Segunda República Española en abril de 1931.
Decidiu entón estudar Bioloxía en Madrid, mais tivo que renunciar pola situación económica da familia. Matriculouse entón en Química na Universidade de Santiago de Compostela. Na facultade entrou en contacto co movemento galeguista de man de, entre outros, Francisco Fernández del Riego e da que sería a dona deste, Evelina Hervella Nieto. Tras terminar a carreira, en 1937 regresa á Coruña. Estuda Maxisterio e exerceu durante un tempo.
Casou en 1941 con Enrique Ríos Suárez, comunista e profesor axudante de química inorgánica, a quen coñecera na facultade, e instalouse de novo en Compostela. Alí naceron as súas fillas, Adela e María do Carmo, e o seu fillo, Enrique. Para evitar o adoutrinamento da escola franquista, inscríbeos na Preceptoría San José, que máis tarde sería a Academia Minerva, na actualidade coñecido coma Colexio Manuel Peleteiro. Maruxa conseguiu traballo de mestra no colexio das Orfas e Enrique accedeu a un posto de axudante na universidade. Ao rematar a carreira de Farmacia, abriu unha botica na rúa de San Pedro.
En 1952 diagnosticóuselle a Enrique unha grave doenza coronaria que causará a súa morte seis anos despois. Iso levou a María del Portal a estudar a carreira de Farmacia. Tras licenciarse en 1957, abriu unha farmacia na rúa de Fonseca. A súa forma de atender ó público deulle o sobrenome de boticaria da liberdade. De feito, mentres o franquismo prohibía o aborto e o emprego de anticonceptivos, ela dispensaba pílulas e preservativos, naturalmente sen receita médica.[2]
Notas
editar- ↑ Barral, Xoana Pintos (2016). "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "La boticaria que daba la píldora". La Opinión de A Coruña (en castelán). A Coruña. 2017-09-17. Consultado o 2020-12-31.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas
editar- María del Portal Panisse en A Coruña das mulleres