María de Andrade
María de Andrade, foi a quinta persoa en posuír os señoríos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba, herdados do seu pai Pedro Fernández de Andrade II. A morte temperá deste fixo que acadase os señoríos sendo menor de idade, polo cal durante o seu curto mandato actuou como titor o seu tío Fernán Pérez de Andrade, O Mozo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() |
Morte | c. 1441 ![]() |
Lugar de sepultura | ? |
5ª Señora de Pontedeume | |
valor descoñecido – 1441 ← Pedro Fernández de Andrade II – Fernán Pérez de Andrade o Mozo → Xunto con: Fernán Pérez de Andrade o Mozo | |
Señora de Vilalba | |
![]() | |
Familia | |
Familia | Casa de Andrade ![]() |
Fillos | Sen descendencia ![]() |
Pais | Pedro Fernández de Andrade II ![]() ![]() |
Descoñécense as datas exactas do seu nacemento, posesión do señorío e pasamento. Sábese por distintos documentos, que seu pai testou en 1435, que en 1440 estaba rexendo os señoríos tendo ao seu tío como titor, e que en xullo de 1442 xa é seu tío o posuidor dos señoríos.
Polo tanto, debeu tomar posesión dos señoríos algo despois de 1435 e morrer sen descendencia entre 1440 e 1442.
Pouco se sabe desta, máis rapaza que señora de Andrade. Aparece nomeada nun documento do 6 de xaneiro de 1440 relativo a un foro outorgado polos frades do mosteiro de Santa Catarina de Montefaro no que se di[1]:
Et eu john sennor notº publico por lo sennor frnan peres dandrade titor de dona mª sua sobriña ennas vilas da pontedeume e ferrol e vilalua e en todas las outs suas terras e señorios e encomendas...
Foi sucedida polo seu tío e titor, Fernán Pérez de Andrade, o Mozo.
Notas
editar- ↑ Antonio Couceiro Freijomil: Historia de Pontedeume, 4ª ed. 1995, páx. 198
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Antonio Couceiro Freijomil: Historia de Pontedeume, 4ª ed. 1995. Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8
María de Andrade Nacemento: ? Falecemento: 1441?
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Pedro Fernández de Andrade II
|
V Señora de Pontedeume, Ferrol e Vilalba ? – 1441? |
Sucedido por Fernán Pérez de Andrade, O Mozo |