María Vilas Vidal
María Vilas Vidal, nada en Castiñeiras (Ribeira) en 1996, é unha nadadora galega, especializada nas probas de fondo. Foi olímpica en Río 2016 e medallista de bronce nos Europeos dese ano nos 1.500 metros libre.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1996 (28 anos) Ribeira, España |
Altura | 168 cm |
Peso | 64 kg |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación |
Participou en | |
2016 | natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
Traxectoria
editarCon doce anos comezou a bater o récord galego dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40 récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15 anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con doce anos de idade, conseguiu o subcampionato absoluto de Galicia en 200 m braza.
En 2010 debutou internacionalmente na Copa Comen de Sicilia e gañou dúas medallas de ouro nas competicións de 200 m braza e 400 m estilos, unha medalla de prata en 200 m estilos (2.22.91) e tres medallas de bronce en 100 m braza e nos relevos 4 × 100 m libre e 4 × 200 m.[1]
Participou en 2011 nos campionatos de Europa de natación júnior, que se disputaron en Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos 1500 m libres e nos 400 m estilos[2]. Ese mesmo ano, a súa actuación permitiulle participar no mundial júnior de Lima, onde rematou quinta nos 1500.[3] Nos Europeos júnior de 2012, celebrados en Anveres, obtivo o ouro en 800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en 1500 m libres e no relevo 4x200 libre xunto a Fátima Gallardo, Marta Ruiz e Irene Andrea.
No 2013 participou nos Xogos Mediterráneos de Mersin (Turquía), onde obtivo a medalla de prata en 400 estilos.[4]
No Campionato Europeo de Natación de 2016 celebrado en Londres, obtivo a medalla de bronce en 1500 metros estilo libre, compartindo o podio con Boglarka Kapas e Mireia Belmonte.[5] No Open de Primavera de 2016, disputado en Sabadell, logrou clasificar aos Xogos Olímpicos por primeira vez. Ademais, superou o récord galego dos 400 estilos de Beatriz Gómez cun tempo de 4.38,81.[6][7]
Nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016, participou nos eventos de natación 800 metros estilo libre feminino e 400 metros combinado individual feminino, clasificando en 19ª posición en ambas as probas.
María competiu en 2 campionatos do mundo, en ambos na disciplina de augas abertas: en 2015 competiu tanto nos 5 como nos 10 quilómetros, conseguindo a 24ª praza en ambas as distancias.[8] En 2019, tras superar unha etapa moi dura despois dos Xogos Olímpicos de Río 2016, conseguiu clasificarse para o mundial de Gwangju, onde foi 33ª.[9]
En 2019 recoñeceu unha depresión que a levou a deixar o deporte de competición temporalmente.[10] A nadadora deixou o seu deporte en 2017, saturada polo gran desgaste psicolóxico que lle supuxo chegar aos Xogos de Río. Reenganchou en 2018 e desde entón centrouse principalmente nas augas abertas.[11]
En 2019 logrou o terceiro posto (foi a primeira española) nunha das competicións máis importantes do mundo de Augas Abertas, o Rio Negro Challenge, celebrado en Manaus, sobre unha distancia de 8,5 quilómetros.[12]
Recoñecementos
editar- En 2013 recibiu o Premio á "Mellor deportista promesa" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da II Gala do Deporte Feminino Galego.[13]
Notas
editar- ↑ "María Vilas Vidal demostró en Catania que es una figura emergente de la natación". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-06-24. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "«Tengo por delante el absoluto de España y el Mundial júnior»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-07-20. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "La ribeirense María Vilas estará concentrada en Australia". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-08-30. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas logra la medalla de plata en Turquía en los 400 estilos". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ Romano, Javier (2016-05-21). "Plata y bronce para Belmonte y María Vilas en 1.500". Marca.com (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas se clasifica para Río 2016". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-20. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas empieza a saborear su sueño al otro lado del océano". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-06. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas nadará el selectivo mundialista en Francia". Natacción (en castelán). 2019-05-13. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "La emotiva reflexión de María Vilas tras ser 33ª en su regreso a un Mundial de natación". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-14. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ Giovio, Eleonora (2019-02-18). "La dureza del deporte de élite: “Era una máquina que ni sentía ni padecía”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas encuentra una salida al mar". Marca.com (en castelán). 2020-05-06. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "María Vilas, tercera en el Rio Negro Challenge de Brasil entre las mejores nadadoras del mundo". Club Natación Galaico (en castelán). 2019-12-12. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web de María Vilas Arquivado 01 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Vídeo: Charla entre María Vilas y Sofía Toro, «Triunfadoras», La Voz de Galicia, 2019