María Vilas Liñares
María Vilas Liñares, nada en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1984, é unha traballadora social no concello de Rois e política galega de Ciudadanos, deputada no Congreso dos Deputados, en 2019, durante dous meses.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1984 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
![]() | |
29 de agosto de 2019 – ← Marta Rivera de la Cruz Lexislatura: XIII lexislatura de España ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía ![]() |
Traxectoria
editarDiplomouse en traballo social pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante de Ciudadanos, pertence ao comité autonómico galego e ao consello xeral estatal; asemade é voceira da formación na provincia da Coruña e dende 2016[2] coordinadora da agrupación local compostelá. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidata á alcaldía da súa cidade natal. Foi número dous da súa formación para o Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de abril de 2019 pola circunscrición da Coruña. Logo da renuncia da número un, Marta Rivera de la Cruz, que entrou no goberno da Comunidade de Madrid, María Vilas tomou posesión como deputada o 29 de agosto de 2019.[3] Nas eleccións xerais de novembro do mesmo ano repetiu candidatura, desta volta como cabeza de lista, mais non obtivo escano.
Notas
editar- ↑ Martín Reboredo, Marcos (7/12/2019). "Diputadas exprés. María Vilas y Beatriz Pino no se imaginaban un paso tan fugaz por la política nacional tras formar parte del Congreso solo durante 2 y 6 meses, respectivamente". Faro de Vigo (edición en papel) (en castelán): 19.
- ↑ "María Vilas Liñares nova coordinadora da agrupación de C’s en Compostela, Ciudadanos Galicia, 22 de febreiro de 2016
- ↑ "A lucense María Vilas toma posesión no Congreso en lugar de Marta Rivera". El Progreso, 29 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Vilas Liñares |