María Uriz
María de la Asunción Uriz Mosquera, máis coñecida como María Uriz, nada na Coruña o 21 de agosto de 1946, é unha soprano galega.
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1946 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Conservatorio Superior de Música do Liceo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera ![]() |
Tesitura | Soprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarMentres estudaba o Bacharelato Superior, iniciou os estudos de piano, música de cámara e Arte Dramática no Conservatorio de Música da súa cidade natal. Ó rematar o estudos, e grazas a que o seu irmán era membro da Coral Polifónica o Eco, deu os seus primeiros pasos no mundo da ópera. Despois diso iniciou a carreira de canto concluíndoa no Conservatorio Superior de Música do Liceo.
Na década dos 70 obtivo as bolsas March e Castellblanch, o que lle permitiu trasladarse a Italia para ampliar os seus estudos.[1] Posteriormente obtivo tamén a bolsa Agustín Pedro y Pons e o premio de Canto Eugenia Kémeny. Pouco despois foi requirida polas autoridades, para actuar na recepción que anualmente e no Palacio Municipal da Coruña, realizaba o entón Xefe do estado Francisco Franco e os seus ministros. Durante catro anos, e baixo a dirección de Elvira de Hidalgo (Elvira Rodríguez de Hidalgo), famosa soprano, mestra de Maria Callas, realizou estudos de técnica vocal e escénica en Milán (Italia).
Notas
editar- ↑ Concesión de las becas Juan March Diario ABC
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- María Uriz na IMDb (en inglés).