María Teresa Ruiz
María Teresa Ruiz González, nada en Santiago de Chile o 24 de setembro de 1946, é unha astrónoma chilena. Foi gañadora do Premio Nacional de Ciencias Exactas en 1997 e do Premio L'Oréal-UNESCO de Mulleres en Ciencia en 2017. Tamén foi a primeira presidenta da Academia Chilena de Ciencias. [1]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1946 (78 anos) Santiago de Chile |
Educación | Universidade de Princeton - astrofísica (–1973) Universidade de Chile - astronomía (–1971) Liceo 7 Luisa Saavedra de González (en) |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma, profesora, investigadora |
Empregador | Academia Chilena de Ciências (pt) |
Membro de | |
Deporte | atletismo |
Premios | |
|
Especializada no estudo das estrelas ananas de pouca masa, descubriu unha supernova no momento de estoupar, dúas nebulosas planetarias no halo da nosa galaxia e a anana "marrón" nas proximidades do sistema solar chamada Kelu ("vermello" en mapudungun).
Traxectoria
editarEn 1971 obtén a licenciatura en Astronomía pola Universidade de Chile . Máis tarde continuou os seus estudos na Universidade de Princeton, onde obtivo un doutoramento en astrofísica . Foi a primeira muller en obter ambos títulos nas respectivas universidades. [2]
Investigadora asociada no Observatorio Astronómico de Trieste entre 1975 e 1976, tamén traballou como investigadora visitante tanto no Instituto de Astronomía da Universidade Nacional Autónoma de México como no Instituto de Estudos Espaciais, Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo de Nova York (1978 -1979). Dende este último ano imparte clases no Departamento de Astronomía da súa alma mater, primeiro como profesora asociada (1979-1989) e máis tarde como profesora titular.
Foi beneficiaria da Bolsa Guggenheim no ano 2000 e obtivo importantes distincións como a Medalla Rectoral, o Premio Nacional de Ciencias Exactas en 1997 (primeira muller en gañalo) ou o premio Amanda Labarca.
Dirixe a Fundación para o Desenvolvemento da Astronomía en Chile e o Centro de Astrofísica e Tecnoloxías Relacionadas (CATA). A finais de 2015 converteuse na primeira muller en ser elixida para presidir a Academia de Ciencias de Chile.[3]
En setembro de 2016, anunciouse que sería galardoada co Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia 2017 [4] [5] recoñecemento que recibiu en marzo dese ano nunha cerimonia en París, Francia. [6] O xurado baseou a súa decisión no seu descubrimento da primeira anana marrón e no seu traballo fundamental para comprender as estrelas débiles, incluídas as estrelas nas etapas finais da súa evolución. [7]
Obra
editar- Hijos de las estrellas( Edicións B, 1998; Debate, 2017) [8] [9]
- Desde Chile un cielo estrellado: lecturas para fascinarse con la astronomía (2013) [10] [11]
Recoñecementos
editar- Cátedra Presidencial de Ciencias (1996).
- Medalla Rectoral, Universidade de Chile (1996).
- Premio Nacional de Ciencias Exactas (1997).
- Medalla Rectoral, Universidade de Chile (1998).
- Membro numerario da Academia de Ciencias (desde 1998).
- Bolsa Guggenheim (2000).
- Premio ao Mérito Amanda Labarca (2000).
- BBC 100 mulleres (2017).
- Premio L'Oréal-UNESCO de Mulleres en Ciencia (2017).[4]
- Lexión de Honra, grao de Chevalier (Cabaleiro) (2020) [12]
Notas
editar- ↑ "María Teresa Ruiz es elegida presidenta de la Academia Chilena de Ciencias - Universidad de Chile" (en castelán). Consultado o 2020-09-22.
- ↑ "María Teresa Ruiz: "El universo es muy raro y pasan cosas que escapan a la lógica"". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2021-03-14.
- ↑ "María Teresa Ruiz es elegida presidenta de la Academia Chilena de Ciencias". Universidad de Chile. 17 de decembro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Announcement of Laureates of 2017 L’Oréal-UNESCO For Women in Science Awards". UNESCO. 4 de outubro de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016.
- ↑ "María Teresa Ruiz suma nuevo premio a su exitoso palmarés". La Tercera. 30 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 3 de outubro de 2016.
- ↑ "María Teresa Ruiz por su premio "Women in Science": "Esto demuestra que hay mujeres que hacen ciencia y lo hacen bien"". Emol. 24 de marzo de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ "Profesora María Teresa Ruiz recibió premio Mujeres en la Ciencia L'oréal-Unesco". Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ Hijos de las estrellas (Tapa blanda con solapa, 151 X 230 mm) (en español). DEBATE. ISBN 9788499927749.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda); - ↑ "Gran convocatoria al lanzamiento del libro "Hijos de las estrellas"". Facultad de Ciencias físicas y Matemáticas (Universidad de Chile). 22 de xuño de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ Desde Chile : un cielo estrellado : lecturas para fascinarse con la astronomía (18 x 24 cm 240 p.) (en español). Confín Ediciones - Catalonia. 2013. ISBN 9789563242270.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda); - ↑ CATA. "María Teresa Ruiz lanza libro de astronomía para jóvenes". Centro de Astrofísica y Tecnologías Afines. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ "María Teresa Ruiz recibió la Orden Nacional de la Legión de Honor entregada por el gobierno francés - Universidad de Chile" (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2020.