Olaia Fernández Davila
María Olaia Fernández Davila, nada en Castrelos, Vigo, o 27 de xaneiro de 1954, é unha política galega.
![]() Olaia Fernández Davila en febreiro de 2015 (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Olaia Fernández Dávila ![]() 27 de xaneiro de 1954 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
![]() | |
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | política, sindicalista ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarIniciou o seu traballo político nos anos setenta no sindicalismo nacionalista en Vigo, onde foi secretaria zonal da INTG, e tamén responsábel nacional da secretaría da Muller. Olaia Fernández foi deputada no Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego desde 1993 e até o ano 2003. Desenvolveu a súa actividade parlamentaria en temas relacionados co emprego, a sanidade, o comercio e os servizos sociais. Foi unha das impulsoras da comisión non permanente para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres.
Dentro do BNG, foi membro do Consello Nacional desta formación política desde a 1995 até o ano 2003. Foi membro tamén da Executiva Nacional desta formación onde desenvolveu a responsabilidade da secretaría de Acción Social.
Nas eleccións municipais do ano 2003 foi elixida concelleira en Vigo. Foi elixida deputada no Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra en 2004, 2008 e 2011. Desenvolveu o seu traballo parlamentario especialmente no eido agro-pesqueiro, social, laboral e sanitario.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olaia Fernández Davila |
Bibliografía
editar- "Fernández Davila, Mª Olaia". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 56.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 197. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na páxina web do Congreso dos DeputadosArquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.