María Loureiro García (política)
política galega
(Redirección desde «María Loureiro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: María Loureiro García.
María Loureiro García, nada en Viveiro en 1981,[1] é unha política galega do PSdeG-PSOE, que dende o 2013 é alcaldesa de Viveiro.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (43/44 anos) Viveiro, España |
Alcaldesa de Viveiro | |
20 de decembro de 2013 – ← Melchor Roel Rivas | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viveiro |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarLicenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Foi elixida concelleira e nomeada primeira tenente de Alcalde de Viveiro nas eleccións municipais de 2011. O 20 de decembro do 2013 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Melchor Roel Rivas, converténdose na primeira alcaldesa de Viveiro.[3] Por primeira vez foi cabeza de lista do PSdeG nas eleccións municipais de 2015 e resultou elixida alcaldesa, revalidando de novo o cargo en 2019. É deputada provincial dende 2019.
Predecesor: Melchor Roel Rivas |
Alcaldesa de Viveiro 2013 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, A Mariña, 24-11-2009, p. l6
- ↑ Evaristo Amado (15 de febreiro de 2012). "El juez imputa a otros tres ediles del PSOE por el urbanismo ilegal de Viveiro". ABC (en castelán).
- ↑ "María Loureiro, primeira alcaldesa da historia de Viveiro". El Progreso.