María José Arceo
artista galega
María José Arceo, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha artista galega que traballa no Reino Unido na concienciación do desastre ambiental.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (40/41 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Goldsmiths, Universidade de Londres Camberwell College of Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Traxectoria
editarFoi graduada con honor en Fine Art pola Camberwell College of Arts e posgraduada en Art, Design Education pola Goldsmiths, University of London.
A súa instalación Plastiquería, Neocidade e Circuítos con residuos, sobre todo de plástico, das 40 praias do río Támese percorreu a cidade de Londres. A súa instalación Po futuro protagonizou o festival Totally Thames de Londres en 2017.[1]
En 2019 interveu nas praias da Illa de Arousa expoñendo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.[2][3]
Obra
editar- Specious Extropy, (2011)[4]
- Concretum, (2011)[4]
- River Runs Through it #1, (2014)[4]
- eXXpedition (parte do proxecto)[4]
- Fluvial Paralax: Water’s Memory, Future Archeology & Sands of Future Dust, 56 Bienal de Venecia.[4]
- Plástico a mareas, Gaiás, (2019)[2][5]
Notas
editar- ↑ Vera, Juana M. (2017). "María José Arceo, artista "Estamos comendo plástico"". Luzes (51): 76.
- ↑ 2,0 2,1 "Plástico a mareas". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ Arceo, María José. María José Arceo, artista multidisciplinar “El futuro va a ser una vuelta al pasado”. El siglo de Europa (en castelán). Entrevista con Juana Vera. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Arceo, María José (11 de agosto de 2015). NATURALEZA ESCULTORA, MARIA JOSÉ ARCEO. Brit Es Magazine (en castelán). Entrevista con Paulina Ricardi. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ "María Arceo, artista: "Se non cambiamos, o único que recollerán os pescadores do futuro será plástico"". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-09-05.