María Gallego Abeledo
María de los Remedios Gallego Abeledo, coñecida como Marita ou Lina, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1928 e finada en Val do Oise en 1962, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1928 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 1962 ![]() Val do Oise, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Familia | |
Irmáns | Juan Gallego Abeledo Josefa Gallego Abeledo ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarO seu pai Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán foron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns Josefa, Clementina, Guillermo e Juan Gallego Abeledo, coñecidos como Os Buzos, incorporouse á guerrilla. Comezou colaborando cos fuxidos facendo todo tipo de traballos. Cando a presión se fixo insoportable integrouse coa súa irmá Josefa na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi a compañeira de Francisco Rey Balbís. Foi comisaria política do destacamento Enrique Líster da IV Agrupación. Pasou tempo agochada coa súa irmá Josefa e outros guerrilleiros no refuxio de Goente (As Pontes de García Rodríguez).
Atravesou os Pireneos en 1950 co seu compañeiro Moncho e pasou a Francia. En 1951 regresou a Galicia coa consigna de trasladar a Francisco Martínez Leira a Francia, pero este negouse[1]. En París fixo de enlace entre os comunistas franceses e españois. Morreu en Blanc-Mesil-Argenteuil (Val do Oise) en 1962 a consecuencia dun cancro.
Notas
editar- ↑ Martínez, Lupe (2008). "Francisco Martínez Leira, Pancho: A historia dunha fuxida sen retorno" (PDF). Revista eumesa de estudios (15): 7–17. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Vigo: A Nosa Terra. pp. 179–180. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 253–254. ISBN 978-84-1176-172-7.
Ligazóns externas
editar- Guerrilleiras Arquivado 24 de agosto de 2016 en Wayback Machine.