María Antonia Trujillo
María Antonia Trujillo Rincón, nada en Peraleda del Zaucejo (Estremadura) o 18 de decembro de 1960 é unha política española, primeira ministra de Vivenda no goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.[1]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1960 ![]() Peraleda del Zaucejo, España (pt) ![]() ![]() |
![]() | |
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Cáceres (en) ![]() Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Estremadura ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | política, avogada ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTrujillo naceu na poboación de Peraleda del Zaucejo, situada na provincia de Badaxoz. Estudou dereito na Universidade de Estremadura, onde se licenciou en 1985 e se doutorou en 1991.
Interesada na docencia, foi profesora de dereito constitucional na mesma universidade. Experta en dereito autonómico, participou en varios proxectos de investigación sobre o desenvolvemento do Estado das Autonomías e publicou monografías e artigos sobre o mesmo tema. Na Universidade de Estremadura foi delegada de Relacións Internacionais e presidenta do Consello de Persoal Docente e Investigador.
Actividade política
editarMembro do Partido Socialista Obrero Español, en 1996 foi nomeada membro do Consello Económico e Social de Estremadura. En 1999 Juan Carlos Rodríguez Ibarra, presidente da Xunta de Estremadura, nomeouna conselleira de Presidencia, e máis tarde foi conselleira de Fomento e artífice dun Plan rexional de vivenda, que consistiu basicamente en proporcionar terreos públicos de xeito gratuíto para que os promotores construísen vivendas a un prezo accesible.
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 2004, o presidente José Luís Rodríguez Zapatero nomeouna ministra de Vivenda, ministerio de nova creación con poderes exclusivos sobre vivenda. Como responsable do ministerio, foi a encargada de recuperar a política de vivenda como política de estado, marcando unha axenda internacional de vivenda. Entre as súas accións máis destacadas están a promulgación do Código Técnico da Edificación, a elaboración do Plan estatal español de vivenda e rehabilitación (co primeiro programa específico de vivenda para a mocidade), a aprobación da nova Lei do Solo e a creación da Sociedade Pública do Alugamento. O 6 de xullo de 2007 foi relevada deste cargo, sendo nomeada no seu lugar Carme Chacón.
Volta á vida docente
editarEn 2011, María Antonia Trujillo, regresou á docencia na Universidade de Estremadura,[2] unha ocupación que compaxina con distintas actividades en dous sectores, o inmobiliario e o enerxético. Así mesmo, participou en programas de televisión de debate e actualidade.
Notas
editar- ↑ Congreso dos Deputados (ed.). "Trujillo Rincón, María Antonia".
- ↑ La Crónica de Badajoz. "María Antonia Trujillo aboga por reforzar los parlamentos para ganar credibilidad política". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2016.
Predecesor: Francisco Álvarez-Cascos (Ministro de Fomento) |
Ministra de Vivenda 2004 - 2004 |
Sucesor: Carme Chacón |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Antonia Trujillo |