Manuel del Río Mandayo
Manuel del Río Mandayo, nado nos Ánxeles (Oroso) e asasinado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Os Ánxeles, España ![]() |
Morte | 5 de outubro de 1936 ![]() cemiterio de Boisaca, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ebanista, gaiteiro, político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDe profesión ebanista, tamén foi gaiteiro. Foi xulgado en consello de guerra en 1929 por insulto á forza armada[1]. Na II República foi membro das Xuventudes Socialistas e despois pasou a militar no PSOE do que foi secretario xeral de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un falanxista e conducido ao cárcere de Ordes onde foi torturado polo garda civil José Pérez Pérez. Foi paseado no cemiterio de Boisaca na madrugada do 5 de outubro de 1936. A pesar diso, foi posto en busca e captura polas autoridades franquista a finais de outubro de 1936.
Vida persoal
editarCasou con Pilar Naveira Golán e tivo catro fillos.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. pp. 39–40. ISBN 978-84-614-8181-1.