Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation
Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation é un libro de Pierre Louÿs escrito en 1917 e publicado póstuma e anónimamente en 1927.
Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation | |
---|---|
Título orixinal | Manuel de civilité pour les petites filles à l'usage des maisons d'éducation |
Autor/a | Pierre Louÿs |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | Parodia e Erotismo |
Data de pub. | 1919 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarÉ unha parodia dos rigorosos tratados de urbanidade da súa época, composto de admonicións curtas (con frecuencia unha ou dúas frases) agrupadas por temas, tales como “na casa”, “deberes para con súa nai”, “en clase”, etc.
O ton da obra é vivo, case lapidario, cun estilo particularmente cru.
O autor válese da ironía para debuxar os variados amores das mozas perversas, e este relativo distanciamento permítelle burlarse de toda censura moral.
Lonxe do refinamento preciosista de Chansons de Bilitis, o Manuel de civilité é a obra máis subversiva de Pierre Louÿs, un torpedo na liña de flotación do puritanismo burgués da Belle Époque.