Manuel Xosé Neira

escritor galego
(Redirección desde «Manuel Xosé Neira López»)

Manuel Xosé Neira López, nado en Meilán (Lugo) o 29 de xaneiro de 1964, é un escritor galego.

Modelo:BiografíaManuel Xosé Neira
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, filólogo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX927845 BUSC: neira-manuel-xose-1964 Dialnet: 2130947

Traxectoria

editar

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en revistas e xornais como Dorna, Grial, Coordenadas, Clave Orión, Táboa Redonda de El Progreso, La Voz de Galicia ou Faro das Letras en Faro de Vigo.

En 2010 colaboraba en Guía dos libros novos de Noroeste Edicións e no Boletín Galego de Literatura.

Poesía

editar
  • O mar perdido (1990, Galaxia).
  • Abandono da noite (1993, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • Templo (2001, Galaxia).

Obras colectivas

editar

Premios

editar
  • Premio Rozas de Xornalismo no 1987.
  • Premio Xosé María Chao Ledo no 1991.
  • Gañador do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Abandono da noite.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar