Manuel Valeriano Alonso
Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como Pichurri, nado en Camariñas en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 ![]() Camariñas, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2018 (dimisión) ← Juan Bautista Ramos Santos – Sandra Ínsua Rial → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Camariñas ![]() |
Ocupación | político, axente de seguros, fotógrafo ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarFotógrafo e axente de seguros, foi concelleiro de Camariñas polo PTG nas primeiras eleccións democráticas. Ingresou no PSdeG-PSOE en 1980, e por esa formación foi concelleiro entre 1991 e 1996, cando dimitiu. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Camariñas[1] e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 2011 foi imputado por suposta negociación prohibida a funcionarios.[2] Volveu ser reelixido no 2015 con maioría absoluta. O 24 de agosto de 2018 presentou a súa dimisión pasando a ser alcaldesa a número 2, Sandra Ínsua.
Dez anos máis tarde, en novembro de 2021, foi condenado a inhabilitación por xestionar para o concello pólizas de seguro dende a súa empresa, Pichurri SL[3].
Predecesor: Juan Bautista Santos Ramos |
Alcalde de Camariñas 2007 - 2018 |
Sucesor: Sandra Ínsua |
Vida persoal
editarCasou coa tamén fotógrafa María del Carmen Freire Ramos.
Notas
editar- ↑ M. Carmen Suárez (19 de xaneiro de 2007). "Valeriano Alonso encabezará la lista socialista de Camariñas". La Opinión de A Coruña (en castelán).
- ↑ "Imputado o alcalde socialista de Camariñas". Galicia Confidencial. 29 de xuño de 2011.
- ↑ "El exalcalde de Camariñas, Manuel Alonso, inhabilitado cinco años por la trama de los seguros". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-09. Consultado o 2021-11-10.