Manuel Salgado González
Manuel Norberto Salgado González, nado no Outeiro (Rodeiro) o 17 de marzo de 1947, é un empresario e político galego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1947 ![]() O Outeiro, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2009 (dimisión) ← Eliseo Diéguez García – José Benito Vence Deza → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario ![]() |
Traxectoria
editarEmpresario de hostalaría. Foi elixido concelleiro de Rodeiro por Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas. Militante do PSdeG-PSOE, nas municipais de 1991 regresou á política como concelleiro do PSOE, manténdose como tal ata 2003. Escindiuse do partido ao perder as primarias fronte a José Benito Vence Deza. Nas municipais de 2003 presentouse por Democracia Progresista Galega, obtendo 2 concelleiros, os mesmos que conseguiu en 2007 encabezando a candidatura de Independentes de Rodeiro. Foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o BNG. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura AEIR e foi o único elixido da lista, e nas municipais de 2015 volveu encabezar a lista de IDR, sendo novamente o único elixido da candidatura.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Eliseo Diéguez García |
Alcalde de Rodeiro 2007 - 2009 |
Sucesor: José Benito Vence Deza |