Manuel Rodríguez Louro
Manuel Rodríguez Louro, nado no Ézaro (Dumbría) o 15 de maio de 1916 e finado en Hartheim o 16 de setembro de 1941, foi un mariñeiro e militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1916 ![]() O Ézaro, España ![]() |
Morte | 16 de setembro de 1941 ![]() Hartheim am Rhein, Alemaña (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pescador, militar ![]() |
Cronoloxía | |
16 de outubro de 1937-18 de outubro de 1937 | evasión da lancha El As ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMariñeiro do Ézaro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse no monte Pindo. Buscando un xeito de poder escapar, xunto don once mozos tamén fuxidos (entre eles o seu irmán Joaquín), o 16 de outubro de 1937 asaltaron a motora El As e días despois chegaron a Bristol.
Por Francia entrou en España e combateu no exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado en Argelès-sur-Mer. Incorporado aos batallóns de Traballadores Estranxeiros, foi destinado á liña Maginot. Foi detido polos alemáns cando caeu o muro. Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941, foi trasladado a Gusen en febreiro. Morreu en Hartheim en setembro.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-182-4.