Manuel Rivera Martorell
Manuel Rivera Martorell, máis coñecido como Rivera, nado na Graña (Ferrol) o 3 de outubro de 1904 e finado o en decembro de 1952, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1904 ![]() Ferrol, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | decembro de 1952 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Terceira División Española ![]() |
Traxectoria
editarRivera, formado no equipo da Escola Noctura Obreira do Club Deportivo Ferrol, estivo vinculado case durante toda a súa carreira deportiva ao Racing de Ferrol, exceptuando media tempada que militou no Deportivo da Coruña, en 1933/34. Foi un dos grandes nomes da historia do Racing por talento deportivo e liderado no vestiario, e auténtico ídolo e referencia de varias xeracións de racinguistas. Estivo a piques de ser convocado pola selección española e foi pretendido por diversos clubs importantes do fútbol español, pero el sempre elixiu quedar en Ferrol e defender a camiseta verde agás o curto paso polo gran rival dos racinguistas. Considerado un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da Guerra Civil, abandonou o fútbol en 1938 por unha doenza do corazón. Co Racing foi tres veces campión de Galicia e formou parte do equipo que debutou na 2ª División en 1934/35. Tras a súa retirada como futbolista exerceu de delegado do club verde e tamén foi adestrador, tanto do cadro "reserva" como do primeiro equipo, neste último caso nas campañas 1943/44 e 1948/49.
Rivera faleceu en decembro de 1952 e, na súa memoria, o Estadio do Inferniño (construído en 1921 e remodelado entre 1949 e 1951) pasou a chamarse Estadio Manuel Rivera dende xaneiro de 1954.
Clubs
editarClub | País | Ano |
---|---|---|
C.D. Ferrol | 1920-1922 | |
Racing de Ferrol | 1922-1938 | |
RC Deportivo da Coruña | 1933−1934 |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |